Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No "Monte de Piedad"

lunes, 13 de diciembre de 2004
No seu momento, o "Monte de Piedad" foi unha institución benéfica na que as persoas en apuros económicos podían obter diñeiro en efectivo deixando como prenda, "empeñadas", xoias ou outros obxectos de valor.

Pero os novos métodos bancarios foron -entendíamos- arrumbando o vello "Monte de Piedad", quedando este só como unha lembranza ou, como máximo, referencia como destino dos libros dos estudiantes composteláns do "Triste y sola/ sola se queda Fonseca".

De feito, hai anos había unha "Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo", que despois de varias evolucións quedou en "Caixa Galicia".

Pero o "Monte" non desapareceu, alomenos de todo, xa que en Vigo se anuncia por parte da oficina "Monte Caixanova" unha subasta de alfaias que se vai efectuar -mediante a apertura de pregos previamente presentados- o próximo 16, mesmo sen asistencia dos interesados, estando as alfaias expostas na oficina principal de Caixanova, en García Barbón.

Soa extraño neste tempo ver anunciada unha subasta deste tipo, aínda que este era o destino dos obxectos depositados en prenda que non eran rescatados polos seus propietarios nun tempo prudencial. E causa dor pensar que aínda hoxe, comezo do século XXI, algún depositante pode perder un obxecto querido porque a súa economía atravesa un mal momento.

Tantos crétos personais, tarxetas de disposición ilimitada, contas especiais de aforro, bancos personais, e outros sustanciosos negocios para as entidades bancarias e de aforro... para acabar nunha subasta de alfaias "empeñadas en el Monte de Piedad".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES