Outro esperpento
Cardalda, Theo - viernes, 20 de enero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
O Rei entrega a Sarkosy o Toisón de ouro. Outro esperpento máis como o do Premio Nóbel a Obama. Eu non sei se nos toman por parvos ou gilipollas, premiase a un personaxe que aniquilou a cidadáns civis en Libia, e a súas bombas destripou parte do conxunto histórico dese país; que nos ten entre el e máis a alamana Merkel no punto de mira da economía. Este
suxeito francés; penso na miña cachola, que merece unha preocupación pola súa completa e absoluta falta de ética e moral humana.
Hai uns días o xornal parisino Le Monde comentaba de Sarkosy chamándolle mafioso, o di claramente: ...tiene a la policía
desestabilizada, está corrompida por la mafia Sarkosyana que llegó al poder con el apoyo mafioso y corrupto.... Non soamente por esa mafia, senón polo apoio económico de Muamar
el Gadafi que logo o asasinaron como un porco. ¿Sería esta orde de matalo para que non falara do Sr. mandatario francés.
Isto non é serio, parece que estamos a vivir nunha selva asfáltica chea de corruptos,camaleóns e políticos ineptos. ¿Quen será o seguinte en recibilo ¿ o Sr. Botín, ou Bush?. Chega a tanto a
desvergoña que xa llo concederan ao rei Abdala de Arabia polo seu pedegrí democrático, outro anacronismo máis da nosa sociedade. Ou sexa, o que fai mal neste mundo o premian e o que quere facer un pouquiño de ben o meten na cadea.
Ante esta película esperpéntica para adultos para os tempos que corren, con tanta xente parada, sen ingresos, malvivindo e, desgraciadamente, sen futuro, isto é unha burla de moi
mal gosto. Oxalá nun mañan, os nosos netos reciban neste planeta un mundo máis xusto, solidario e que estes impostores e corruptos no existan.
Saúde e feliz ano compañeiras/os.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora