Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lixo no Irixo

viernes, 20 de enero de 2012
Levo un tempo seguindo as noticias sobre a incineradora que se vai implantar no concello do Irixo.

Cando un ten a fortuna de viaxar por Europa, e ver o que se está a facer noutros lados, a verdade e que se da conta do atraso que levamos acumulado, e por encima seguimos andando na dirección contraria. Así nos vai.

O lixo, visto, percibido, ulido e nomeado como lixo, de verdade que da noxo, de aí a importancia do significado que ten as palabras na nosa mente. Desta forma o lixo é un verdadeiro problema.

Socialmente está asumido que temos dereito a xerar todo o lixo que queiramos, pero ningunha obriga de cargar cos seus riscos. A poder ser, que no meu entorno que non se fale de lixo, que se recolla todos os días e que o leven o máis lonxe posible, para que a min, nin os meus, non nos cheire, nin nos produza
externalidades negativas. Iso para os demais, se houbera un país no terceiro mundo ó que se lle poida mandar, perfecto, de paso que vai a mercancía, van uns cuantos euros e todos tranquilos. O de sempre, mirar para outro lado, e dicir que somos os máis democráticos dos democráticos,os mais solidarios dos solidarios e os mais ecoloxistas dos ecoloxistas, coma nós ninguén.

Isto é lixo:
Lixo no Irixo

Hai dúas formas de ver o lixo: unha como problema e outra como recurso.
Os que se empeñan en implantar incineradoras e os que protestan contra elas. Son os que ven o lixo como un problema, e intentan sacar a rendibilidade política do asunto. E cousa de votos.

Afortunadamente, existen outras visións, que ven o lixo como un recurso, que hai que empezar a xerar desde o orixe, e dicir, desde alí onde se produce. E non é nada menos, que dende a casa, e a partir de aí empeza a cadea de valor.

Iso é o que se está a facer nos países mais desenvolvidos, a nivel global, que ten unha visión, unha misión e se pon en acción. E nalgúns puntos moi concretos da nosa xeografía.

Isto é un recurso:
Lixo no Irixo

Tratase de crear un hábito, tan simple, como separar de forma rigorosa: o papel, o plástico, o vidro, a cerámica, pilas e demais residuos tóxicos, o metal, o aceite queimado, os restos dos produtos cociñados, dos sen cociñar, e dos que son susceptibles da facer compost, ou chamado abono orgánico, tales como as mondas das patacas, das froitas, e demais verduras.

Esta cadea de separación e recollido non se pode romper, para que cada un vai o seu destino co fin de recuperar o seu valor.

E por suposto esta é a forma de conseguilo, que está educar, concienciar, separar e socializar, partindo que coidar o medio e cousa de todos.

Nós, que estamos a facer, meter nunha bolsa todo xunto, co cal convertemos en lixo mais do 90% do residuo, é ese se que é un verdadeiro problema. Logo ese problema convertémolo nun mais grande o queimar todo.

Un exemplo moi sinxelo, é coma se viñeramos coa bolsa da comprar, e en lugar se separar todos os produtos, para que cada un ocupe o seu lugar na despensa ou na neveira, os deixaramos todos xuntos. Acabarían por xuntarse a deterxente cos tomates, e cos queixos, co paso do tempo, todo se converte en lixo.

É a hora de apostar por unha nova xestión dos lixos, que sexa mais ecolóxica, mais recicable, mais valorizable, mais segregable, mais limpa, mais económica, mais sostible, mais responsable, mais rentable, mais ordena e mais eficiente, e isto é cousa de todos.

Así que, o lixo do Irixo é un bo punto de partida, para deseñar estratexias, copiar o mellor dos mellores e aprender a converter un problema nun recurso. Para que un non sinta noxo do lixo que uns políticos se botan a outros, xustificando que crean postos de traballo ou ben dicindo que son os mais ecolóxicos dos ecolóxicos.

Por favor non mais demagoxia, que somos maiores de idade, e sabemos de que pé coxean.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES