O que fan os senadores
X.X. - viernes, 10 de diciembre de 2004
Ate agora, os galegos -como supoño que o resto dos hispanos- tiñamos como un misterio sen resolver, o que fan os nosos senadores na chamada "Cámara alta" da política española.
Agora xa o temos un pouco más claro, pero pouco máis. Que os proxectos de Lei teñan que pasar polo Senado unha vez aprobadas polo Congreso, é unha das súas máis importantes funcións. E ven de poñerse de manifesto cos recentes Presupostos do Estado para 2005, que no Senado están sendo rexeitados mercé a unha revolta capitaneada polo Bng, e seguida
entusiasticamente polo Partido Popular, Partido Nacionalista Vasco e Converxencia e Unió.
Sorprende escoitar pola radio a Anxo Quintana falar un castelán fluído, a lingua do Senado. Pero enténdeselle todo. E o bloque que segue ó Bloque logrou o que parece unha victoria -pode ser pírrica, pero ahí está- moral en relación cuns presupostos que según os políticos galegos (agás os do Psoe) non só non lle fan xustiza a Galicia senón que a deixan moi descolocada.
Os presupostos volverán agora ó Congreso e serán aprobados comodamente polo Psoe máis coaligados, pero o disgusto ó goberno non llo quita ninguén.
Xa sabemos o que fan os senadores, que acuden a Madrid dous ou tres días por semana: Esta vez, conseguir -por primeira vez na democracia- emendarlle a plana presupostaria a un goberno que se no Congreso precisa de alianzas imprescindibles para poder gobernar, no Senado teno aínda máis cru.
Pero ahí está a gracia da cuestión. Maiorías, sí, pero un revolcón de cando en cando fai que a política sexa máis viva, dinámica, e sorprendente.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora