Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do Románico

jueves, 19 de enero de 2012
Por novas dos xornais sabemos que a Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campo (Palencia) e o Ministerio de Educación e Cultura traballan, dende o pasado mes de outubro, na catalogación de tódolos monumentos románicos de Galicia que son uns 800 (deles 360 só na provincia de Lugo, entre os que figuran os que temos na Mariña), labor no que participan 30 profesionais, arquitectos e historiadores, que contan con ver rematada a tarefa a finais do verán próximo.

O seu traballo consiste, básicamente, en fotografiar, describir e levantar estudos planimétricos dos monumentos definidos como románicos, e considérase que será a obra mais completa sobre este estilo arquitectónico en Galicia. Servirá ademais para desbotar dalgúns monumentos, elementos de filiación discutible e incorporar outros nos que a influencia románica pasou desapercibida.

Trátase polo tanto dunha actuación importante co fin de esclarecer a verdade do interese histórico e artístico dos diversos monumentos que se espallan neste caso pola nosa terra e contar cun directorio fidedigno, unha vez depurada a autenticidade do estilo dos elementos arquitectónicos e decorativos, e polo tanto tamén a fixación da época á que pertencen.

“Galicia ocupa un lugar privilexiado dentro do románico español, non en van a basílica de San Martiño está considerada a catedral mais antiga de España que se mantén en pe” según declaracións de Jaime Nuño, Director do Centro de Estudos do Románico.

Pese a todo hai lugar para a solpresa e sobre todo moito que facer de promoción turística, prácticamente deixada de lado.. “El patrimonio hay que conocerlo para respetarlo, defenderlo y conservarlo”. (Dr. A. García Amedes, prestixioso estudoso da Arte.)´.

Sen dúbida esta revisión que realizan os expertos terá a desexada incidencia correctora das escandalosas agresións cometidas contra algunha xoia románica ubicada no noso entorno mais próximo, no seu día consumada, e defendida, pola barbarie oficial.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES