Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisións locais

jueves, 19 de enero de 2012
Unha das primeiras televisións locais en España foi a de Ponteareas, onde un avispado alcalde – José Castro- entendeu á perfección as vantaxes que para o seu concello tería contar cunha estación de televisión dedicada en exclusiva aos temas municipais, crear conciencia de pobo e difundir as excelencias do concello.

Esa era a filosofía inicial das televisións locais que naceron en diversos puntos de Galicia, de promoción oficial ou privada, sen agardar polas correspondentes concesións xa que se aproveitaba un baleiro legal que non contemplaba a existencia de televisións locais e sen embargo o artigo 20 da Lei de Leis, a Constitución, proclamaba a liberdade de recibir e difundir información por parte dos españois.

E tiveron TV local Lugo, A Coruña, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Monforte de Lemos, Vigo... que viviron diversas vicisitudes, conquistaron amplos sectores de audiencia, e agora sofren tamén os embates da crise que minora drásticamente a publicidade, garantía de liberdade e de existencia destes medios.

Hai poucos días sóubose que pechou a TV local que quedaba en Oviedo. E en Galicia pecha TV Pontevedra, e a emblemática Canal Tea, de Ponteareas atravesa un momento difícil planteándose o concello a posibilidade da súa desaparición.

En tanto se rumorea que todas as televisións locais de Galicia viven momentos difíciles, a publicidade amoréase nos canais privados de ámbito estatal xa que Televisión española non admite anuncios, e o goberno parece decidido a entregar ao capital privado a explotación das canles autonómicas para evitar que signifiquen unha sangría para os orzamentos públicos, en progresivo proceso de adelgazamento.

Non quere esto dicir que o audiovisual estea en baixa senón que compre replantear o esquema televisivo deste país – como o das Administracións- para evitar solapamentos que en nada benefician aos productos que se poñen ao dispor do televidente.

As televisións locais teñen que dedicarse en exclusiva aos temas locais, esencia do seu planteamento e da súa razón de ser. Nunca poderán competir co resto das televisións na confección de programas xerais ou de contidos informativos de ámbito xeográfico superior. As televisións autonómicas non poden ser xeneralistas na información senon especializarse no seu territorio, co que serán imbatibles. E mentras esto non se entenda así sería imposible facer medianamente rendibles unhas estacións que só se xustifican pola especial dedicación a un territorio e á súa problemática.

Polo demais, lamentar que desaparezan estacións de televisión local. Son outras tantas fiestras cara ao futuro que se pechan, e ningunha outra acción conseguirá paliar esta gravísima carencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES