O ateo inconscente
Luaces, Xaime - miércoles, 18 de enero de 2012
Era un home serio, formal e sinxelo. Era tan sinxelo e tamén, competente, que non traballou na súa vida.
O noso home, farto de ir de eiqui para acolá non atopando máis ca desprezo, aquela mesma mañá, despois de se afeitar, secou o bafo do espello e mirándose neste, díxose a se mesmo:
-Manolo!, (el en realidade chamábase Carlos Luis, pero para certas circunstancias, este nome non lle parecía adecuado). Ti, Manolo, -remarcou para sentirse máis home, se cabe- que de certa maneira queres ben á humanidade. Ti o que tes que facer, é namorarte de ti mesmo e deixarte de andar pola vida facendo o fato. Ti non tes nada, nin ninguén que te apegue a ela. Por non ter non tes nin muller nin fillos (eu xa dixen que el era un home serio) e as túas amizades non son máis ca unha prolongación de ti mesmo.
Feita esta reflexión, o primeiro que se mete a facer, é á de compometerse formalmente -coma non podía ser doutra maneira- a abrazar, senón a unha muller, a aquelo que, segundo a súa razón, era o máis preto do sentido común, é dicir: sexa para quen o prefira, a Liberdade, sobre desta, o artificio que máis mordía, o seu exercizo -previo escrupuloso analise- era o dogma.
Dito e feito. El adoita abrazar (xa que el aínda caía fácilmente namorado-, digo, entón, que abraza a causa como se fose unha muller ben cumprida.
Fíxose un comprometido combatente ateo.
Pasado un tempo, outra mañá -e deixemósnos de trapalladas, a xente afeitase de mañá-, outra mañá, de mañá, púxose a afeitar. Mirou o espello; limpou o bafo. Voltou a se ollar no espello, chíscalle un ollo -ao espello-, chíscalle o outro, bufa polos fuciños, aspira pola boca... E, de inmediato, reflexiona, de novo, en voz alta:
-Isto de ser ateo si que é unha grandísima parvada!
Como vou ser ateo se deus non existe!!

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora