Bancos
X.X. - jueves, 09 de diciembre de 2004
Se os bancos son negocios como calquera outros, ¿por qué nos resultan tan pouco simpáticos?.
Pode ser -e xa sería unha boa razón- porque estes negocios a gran escala só están ó alcance duns poucos.
En tempos, os banqueiros -familias burguesas cun poder case absoluto- prestaban a reis e señores, mesmo ó Papa, e eles eran os que en definitiva condicionaban guerras e alianzas, impostos ou incautacións...
Foron Señores dos Señores, polo poder dos cartos posuídos ou prestados.
Nunca resultaron simpáticos os prestamistas, quizáis por imprescindibles.
E agora, que as empresas bancarias dependen de amplísimas sociedades anónimas das que todos podemos formar modesta parte, seguen a ser antipáticos eses estamentos que intermedian entre os accionistas e os clientes, que poden en moitos casos ser os mesmos.
E despertan a curiosidade noticias como as que estos días saíron de que uns clientes estafaron a dúas sucursais de entidades bancarias, admirándose de que tal cousa suceda diante da situación de leonina superioridade que estas entidades teñen sobre os seus clientes.
Analizando a nova, resulta ser abuso dun cliente sobre a boa fe dun traballador de banca. Como analisando detidamente as relacións entre as entidades e os seus clientes, resulta existir normalidade absoluta entre vendedor temporal de cartos -que eso fai a entidade- e mercador tamén temporal de "efectivo", que eso facemos en moitas das relacións que
establecemos.
Pero postos a mercar, mercamos productos de primeira necesidade. Ou de necesidade moi relativa. Pero tardaremos en afacernos en que no trato cos bancos somos clientes que "sempre teñen a razón". E os bancos tardarán tamén bastante en afacerse a que a situación é de igualdade e non unha relación vertical.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora