O mellor da historia
Rivas Delgado, Antonio - martes, 17 de enero de 2012
Tenis nunha pantalla de corenta e pico polgadas. Sen voz. Pero é igual. Non se precisa voz para ver xogar ao suízo Roger Federer. Que elegancia! O serbio Novak Djokovic faino bailar dunha esquina a outra pero Federer sempre chega. Estira, alonga, estende o seu brazo e sempre chega.
A televisión non precisa voz para ver cómo os tantos, os puntos decantan os sets para o lado do helvético. Ás veces semella que sofre, pero sempre chega. E iso que o serbio está en auxe. Pero Federer segue a ser Federer; o mellor tenista da historia. Sen ningunha dúbida.
Rafa Nadal aínda ten que suar tinta (como se adoita dicir) para desbancar ao suízo como o mellor da historia e por moito que o poña de xeonllos en Roland Garros. Non creo que o consiga nunca. Nin Kovak Djokovic.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora