Manuel Fraga Iribarne
Editorial - lunes, 16 de enero de 2012
Galicia ven de perder un dos seus fillos máis destacados no mundo da política, da Administración e do pensamento.
De acordo coas súas ideas ou non, hai un xeral recoñecemento da figura do vilalbés que durante máis de medio século estivo nas primeiras liñas da actualidade política e social desde o inicio da súa vida pública na secretaría do Instituto de Cultura Hispánica ata a súa última actividade de Senador, pasando polas dúas etapas como ministro do goberno español, a embaixada en Londres, a docencia universitaria, e a longa e intensa presidencia da Xunta de Galicia.
Queda para a historia a controvertida e sen embargo decisiva Ley de Prensa e Imprenta, o seu papel na invención do turismo español coa conseguinte modernización social, e polo que a Galicia se refire- a impulsión do fenómeno do Xacobeo, vital para a Galicia de hoxe e do futuro. Xunto con medio cento de obras de teoría política ou de memorias, verdadeiro reflexo do mundo no que lle tocou vivir e no que tanto influíu, e o seu papel de Pai paternidade honrosamente compartida da Constitución española.
Manuel Fraga exerceu sempre de galego e de vilalbés, e en Vilalba contou coa devoción da inmensa maioría dos seus habitantes. En Vilalba, desde sempre, arredábase o político e aparecía o vilalbés cunha autoridade entre os seus paisanos perceptible mesmo nos tempos en que non desempeñaba ningún cargo político. Vilalba está de loito, e de loito está Galicia pola perda do que durante un tempo intenso e froitoso se dedicou apaixoadamente a servir a este país en corpo e alma.
Descanse en paz Manuel Fraga Iribarne, 89 anos de dedicación á política, ao pensamento, a España e a Galicia!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora