Nin está nin o agardan
Cardalda, Theo - viernes, 13 de enero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
O Sr. Rajoy súbenos os impostos da renda que prometeu non tocar; despois de xurar como Presidente do Goberno, aos catro días fixo todo o contrario do que veu prometendo e agora está desaparecido en combate, cando tiña que ira explicar no Congreso dos Deputados todas esas medidas que tomou, e responder as preguntas dos xornais. Non entanto, o máis grave é a falta de respecto a os cidadáns e o seu silencio e incomprensible tendo en conta a gravidade da situación na que nos atopamos a maioría dos currantes.
O Sr. Rajoy non está nin o agardan, pero quen bailamos co máis feo somos a maioría de tódolos españois por designar ao raposo gardando as galiñas, cito ao Ministro de Economía Sr. Luís de Guindos, unha persoa que foi asesor para Europa do sonado banco Lehman Brothers (o das hipotecas lixo) e director da filial dese banco en España e Portugal ata que quebrou e foi á bancarrota.
¿Isto é actuar con seriedade e responsabilidade?. Se este Sr. De Guindos vai ser a cabeza visible e a man executora en España, que os deuses nos colla confesados. Ante todo isto do Sr. Rajoy, en especial a súa ausencia de explicacións sen dúbida vai ser un presidente moi devaluado.
El ten a última palabra aínda que teña a mayoría absoluta; se quere estar mudo, cego e ausente estamos apañados. Imos camiño dunha España S.A.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora