Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A eficiencia do estado de Flow

jueves, 12 de enero de 2012
A eficiencia do estado de Flow A IMPORTANCIA DO CONTROL DO DIÁLOGO INTERNO ENTRE O EU MENTAL E O EU CORPORAL

Facer visible e ser conscientes do diálogo interior que todos temos; é dicir, quén fala con quén, por qué falan, de qué falan para qué falan. Descubrir a estrutura dese diálogo interno, verbalizalo, traducilo, facelo consciente, e comprendelo, é vital para conseguir o máximo de eficiencia e de eficacia no noso desempeño.

Esta labor, permite converter ese ruído interno nunha conversación clara, nítida e transparente entre dous entes, que están interactuando constantemente, mentres reciben e dan información de forma inmediata, puntual e precisa.

Ese proceso, axúdanos a personalizar e identificar as dúas voces dese discurso, cos seus motivos, condutas e comportamentos. Identificamos os medios cos que contan, os fins que buscan e os resultados que conseguen.

Eses inquilinos internos, que de forma sutil conviven con nós, teñen o seus roles enraizados e asumidos, así:

O eu mental, é a voz crítica e controladora. É o capataz, que está dando continuamente ordes, en cantidade e con rapidez. Estas van dende o que debe ou non debe de facer ese segundo eu corporal, que está chamado a obedecer. Ese número de directrices é tan elevado, que nin a mente máis lúcida, é capaz de procesalas en tempo e en forma. A súa vez, tamén desempeña o papel de xuíz, criticando continuamente a súa labor, en lugar de describila, para que a modo, de feedback poida aprender, desaprender e ensinar.

¿Por qué fai todo isto o eu mental?

A resposta está na falta de confianza, que a veces ten, nese segundo eu que desempeña o rol de facedor, que en realidade son, os diferentes membros do noso corpo, como brazo executor das diferentes tarefas. A falta de confianza lévalle a detallar con precisión, todo o que debe e non debe de realizar, e a rifar por todo aquilo que fixo mal. O resultado final acadado, é que o fai vítima dos seus propios erros.

Medos e dúbidas de si mesmo, son trasladados ó eu facedor, que a modo de freos lle impiden utilizar as súas alancas, para descubrir e explorar o potencial que encerra o corpo humano, o tempo que inhiben a súa capacidade de aprendizaxe, de creatividade, de innovación e de disfrute.

Non se consigue un desempeño espontáneo, debido a que a mente non está en calma, non forma unha unidade co corpo, non encontra esa vontade de vitoria que libera toda a súa enerxía, e ademais, nunca perde o ánimo ante a derrota; é dicir, non consigue ese estado de flow, de fluxo, que flúe entre o desafío da tarefa e a sensación de capacidade e competencia que un atesoura, sen caer no espazo da ansiedade, cando non se consegue o reto óptimo ou do aburrimento, cando non se ten en conta todas as capacidades.

Ese eu mental, estalle mostrando continuamente as barreiras ao eu corporal, e impide, que este poida converter eses obstáculos en oportunidades. A realidade, é que esta dinámica, é a principal adversaria, para que ese eu facedor, faga ben o que en realidade sabe e pode facer. Pasando a ser o seu peor inimigo, ao ser o primeiro que se derrota a si mesmo. Deportistas como Nadal, conseguen os seus mellores golpes, cando entran nese estado de Flow.

O descubrimento desta estrutura mental, cos seus suxeitos, diálogos e interferencias, coas súas causas e consecuencias, permite establecer un certeiro diagnóstico da insatisfacción e do desequilibro da ecuación esforzo rendemento. Estas certezas permiten realizar dignósticos e tamén pronósticos sobre determinados comportamentos e actitudes, así como, dar coa terapia adecuada.

A clave do éxito está en controlar ese ruído interno, en desaprender a emitir xuízos, en evitar que ese eu mental estea dando continuamente ordes ao eu corporal, que deixe de estar xulgando, que lle escoite e o observe de forma activa. Que lle cree a atmosfera que lle permita visualizar as metas, memorizar as sensacións das diferentes etapas e codificalas con un significado profundo, tanto a nivel visual, como auditivo e háptico. Que lle permita encontrar un punto de referencia para manter a concentración e o resto ven de camiño, soamente consiste en deixar que ocorra.

Confía no teu corpo, que faga o que é capaz de facer e sorprenderaste do teu potencial, da túa regularidade e da túa precisión, estás no bo camiño do aprendizaxe natural que levas codificado no teu ADN.

Descobres que a mesma función pode realizarse de forma diferente. Atréveste a romper paradigmas, abres novos camiños, non consumes enerxías en loitar contra vellos hábitos, simplemente creas hábitos novos que che fan a vida máis fácil, e o quero e podo pasa a ocupar o lugar do debería.
Isto ocorre cando:

1. Te observas sen xulgar e aprendes a describir a conduta. Esta situación faiche as seguintes preguntas:
¿Qué queres cambiar?
¿Ónde queres empezar?
¿Cál vai a ser o teu primeiro paso?

2. Visualiza o resultado desexado. Codifica todas as sensacións que che produce esa meta.

3. Confía no teu eu facedor, il quere e pode. Concentración, confianza, elección, atención libre de xuízos, ánimo e adiante.

4. Analiza a realidade, comproba que vas pola senda marcada. Date un feedback, oportuno, puntual e preciso. Corrixe todo aquilo que creas conveniente.

Este proceso permite:

a) Aprender tanto dos éxitos como dos errores.

b) Trasladar as experiencias da memoria a corto prazo á memoria a largo prazo e convertela nunha memoria procedimental de habilidades, na que, de forma inconsciente se realice coa máxima precisión as competencias de desempeño.

c) Entrar na senda do aprendizaxe continuo, do equilibrio con un mesmo, da satisfacción e da autorrealización sen apenas esforzo.

Ese estado de flow, conséguese cando a mente está en calma e concentrada, este é o momento en que se pode render o máximo. Estamos no aquí e no agora, dáse unha unidade entre a acción executada e o executor da acción. Ese estado proporciona un fluxo de enerxía, que xera máis poder e máis precisión, lévanos a un estado de calma no que se está conscientemente inconsciente.

A mente constitúe unha unidade coa actividade do corpo, e as funcións inconscientes ou automáticas están operando sen a interferencia dos pensamentos. Nunha mente totalmente concentrada non hai espazos para pensamentos sobre o qué, cómo, cándo, ónde e o por qué do desempeño do corpo.

Para ser efectivo, primeiro tes que arranxar a casa por dentro, solucionar os conflitos entre eses dous eus, e logo xa podes saír fora a pór en práctica todas os teus valores, habilidades, recursos e actitudes. Nese momento, o éxito está asegurado.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES