Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender a desaprender

jueves, 12 de enero de 2012
Fai algún tempo, publiquei un artigo neste medio que empezaba así (e discúlpenme a autocita): “Unha das cousas que máis apaixoa ó home é, sen dúbida, tratar de entender como é o cosmos”. Permítanme hoxe caer neste apaixonamento, falando un pouco do Universo. E digo “falando”, porque máis que estenderme en consideracións de embarullado matiz científico e filosófico, vou a utilizar unha forma coloquial.

Todos os que non foron nin somos astrofísicos levamos un século e medio pensando, máis ou menos correcta e adecuadamente, que o Universo tuvo un principio perfectamente definido, posto que, dende o BIG BANG, de repente, pasou da nada a algo.

Certamente, algúns reparos si tíñamos ( e tuveron), sobre todo no que respecta a esa “nada”, xa que non se entende moi ben como se puido producir ese GRAN ESTOUPIDO sen “nada”que estoupara.

Por tanto, sempre intuimos, sen saber explicalo, que antes do Big Bang necesariamente tiña que existir un “algo”, capaz de amañarse na súa “existencia”, sen o espazo e o tempo.

Pois ben; isto, segundo as máis recentes investigacións científicas, non é así, por moi conciliadora que fora esta teoría cos crentes (apoiando a “creatio ex nihilo” – creación da nada-) e cos non-crentes, que non ven mal que o espazo e o tempo se fixeran eles a si mesmos, aínda que agora se sostén a tese de que xa existían antes do Big Bang.

As recentes investigacións astronómicas e cosmolóxicas proporcionaron importantes informacións ó respecto: Que o Universo soportou elevadísimas temperaturas, que foron diminuindo; que a materia, coma consecuencia, foise comprimindo cada vez máis en función do arrefriamento do Universo; que, consiguintemente, o espazo expandiuse, etc.

Todo isto non é difícil de entender: Cando a materia está moi comprimida ten unha temperatura moito máis elevada que en expansión nun espazo in crescendo. Pero na actualidade descubriuse unha nova variable, que tamén entra en xogo decisivamente: a ENERXÍA ESCURA. Por isto, se antes o cosmo se compoñia da materia e da enerxía asociada con ela, agora xa hai que ter moi en conta a aquela outra, á escura, que se caracteriza por unha forza gavitatoria moi extravagante para a nosa vulgar mentalidade, porque esta forma de enerxía en vez de atraer, REPELE, rexeita.

Sempre se nos dixo que a forza da gravidade ATRAÍA, pero non é así, aínda que sexa en contra de Newton, pois, segundo os estudosos disto, a maior parte da enerxía que hai no Universo é autorrepulsiva.

Ben; e como se presentan as repercusións de todo isto no Universo?. É fácil entendelo: Se hai rexeitamento hai separación, e entón os integrantes do Universo e el mesmo sepáranse, expándense, de tal maneira que a materia vai deixando un espazo cada vez maior, que queda baleiro. Un exemplo completamente trivial pode ser o dun montón de folla ben consistente, que, cando ven un forte refacho de ar, extravíase e deixa un espazo máis ou menos baleiro.

Polo tanto, hai que cambiar de chip e pensar que, segundo resulta das investigacións científicas máis recentes, o espazo está ESTENDÉNDOSE, o que trae tamén consigo unha importante e indiscutible consecuencia, que as cousas do espazo van separándose de nosoutros e chegará un día que xa non poidamos velas. E estas cousas son as mesmas galaxias.

Pero os científicos inda obteñen outras consecuencias de extraordinaria relevancia. Din que o Universo, desta maneira, convértese nun enorme ermo: sen vida e sen materia; pero esa enerxía escura entra en descomposición, e dela xurde un gas moi quente, que se expande e, por iso mesmo, arrefría ata chegar a formas, de novo, de átomos e polvo, onde volve a xurdir a materia, os astros, os planetas e as estrelas. Estes científicos calculan que isto ocorre cada un billón de anos, e volve a repetirse o ciclo, co Big Bang coma necesario invitado, e volta a empezar; pero nosoutros, daquela, estaremos xa gozando da eternidade que nos preparou o físico Tipler.

Por último, se lembramos o que nos din a distintas relixións e o que sabíamos ata hai un século e medio, aproximadamente, ninguén dubida que ten que desfacerse dunha serie de ideas, isto é, que ten que desprenderse do aprendido, cando menos en parte, DESAPRENDER O APRENDIDO; como nos diría Eduardo Punset, “estamos moi lonxe aínda de asimilar que moito máis útil que aprender é desaprender”.

O problema está nos dogmatismos que difícilmente se apean das súas ideas. Mais…por que tarda tanto o home/a muller, incluso algún científico/a, en axustar as súas ideas a realidade máis recentemente descuberta?. O máis grave de todo é que moitas veces faise por falta de humildade. Lembran o que lles pasou a Galileo e Copérnico?. Con eles deixamos de ter un lugar de privilexio, de ser o centro do cosmos: Pensamos que todo xiraba arredor de nosoutros, tan importantes como somos, até que eles decubriron que eramos nós os que non tiñamos un sitio fixo, e este cambio trouxolles non poucos disgustos, nos que as igrexas nunca foron alleas.

Por outra parte, tomar o Big Bang, coma xa dixemos, pola orixe do Universo, nin tan sequera parecía lóxico: Esa Gran Estoupada nunca podería producirse se non houbera algo que estoupara.

Incluso no Xénese, o termo CREACIÓN (BERESHIT, en hebreo) non significa creación da nada, senón a partir de algo. Coido que a mesma cosmoloxía do Xénese ben puido ser obxecto dunha adaptación semántica por razóns espurias, sen decatarse que cando nos pasamos de listos desvinculándonos da realidade, esta sempre pode pedirnos contas.

Pero isto de non querer cambiar de opinión ten moito que ver con que adoitamos tomar as nosas decisións non co que nos ofrece a realidade, senón co que cremos. O pasado, incluso remoto, márcanos, pois segundo R. Dawkins, seguimos respectando aquilo que herdamos e que foi bo no seu contexto.

Obstinarse en algo que xa non é real, porque cambiou ou porque nunca o foi, é propio dos fanatismos, sexan eles políticos, relixiosos ou culturais. Cando escribín un libro sobre a “evolución” e dialoguei cos que quixeron lelo, non foi infrecuente asistir á teimosa actitude de que as cousas seguían o camiño dun “deseño intelixente”, que creou unha Intelixencia Superior; pero, se nos fixamos un pouco, como dín prestixiosos biólogos, nin se trata dun deseño nin é intelixente, porque os ensaios erróneos nos cambios evolutivos así o evidencian.

Desaprender, di o citado Punset, é tan importante que a diario adoitamos dicir que tal acción ou tal outra, na política española, aínda ten sinal franquista, por exemplo; é dicir, bótase de menos que non “desaprendéramos” certas condutas franquistas. Pero os que arestora andan furgando nas feridas franquistas tampouco foron capaces de desaprender que algunhas ideas e comportamentos, non necesariamente franquistas, desencadearon ás condutas que denunian noutros: “Hai que botar pola borda –segue dicindo Punset – miles de pensamentos e ideas que nos perxudican”.

Por que nos obstinamos en regresar sempre a mesma opinión?. Pois o que vale para o pensamento científico tamén vale para o socio – político.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES