Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soldos insultantes

jueves, 12 de enero de 2012
Nun tempo en que se conxela o salario mínimo interprofesional, que se rebaixan salarios, que existe un paro brutal que a nivel nacional se conta por cifras varias veces millonarias, existen soldos que resultan insultantes para todos nós, especialmente para os peor dotados económicamente.

Sempre foi escandaloso o panorama evidente das grandes estrelas do deporte ou do espectáculo, que tiñamos polos elementos máis sobranceiros dun país de pandeireta no que se potencia todo o accidental ou insustancial e se devalúa ou menosprecia a cultura, o esforzo, o traballo.

Pero o verdadeiro escándalo suscítase cando se coñecen cifras ata o de agora silenciadas por parte dos que podían dalas a coñecer, relacionadas con entidades bancarias ou de aforro, nas que se supoñía todos tiñamos algo que ver e considerábamos propiedades colectivas.

Que o salario medio dun directivo de entidade financieira ande polos tres cuartos de millóns de euros ao ano, é difícil de asumir. Pero que ademáis esa entidade precise axuda de todos nós, chámese rescate ou axuda estatal, desacredita non só aos directivos desas entidades senón – e de xeito especial – ás autoridades e institucións que o permiten.

A seriedade dun país non estriba unicamente en que sexa capaz de cumprir os seus compromisos, que as institucións se renoven periódica e democráticamente, e que os servidores públicos sexan manifestamente honrados. A seriedade dun país tamén radica en que non se practique un fariseismo diferenciador entre o público e o privado, en que non se fomente un sistema de castas, en que cada quen sexa responsable das súas accións e das súas omisións.

Aínda que sexa difícil tomar decisións con efectos retroactivos, este Goberno ten diante de si un panorama difícil de resolver para sanear unha sociedade corrupta, conformista, naturalmente desconfiada que só pode agardar unha revancha política e polo tanto económica para solucionar a vida de cada quen.

Hai soldos insultantes, vergoñentos, que non teñen a máis mínima xustificación. E posiblemente tampouco teñan moita solución. Sempre nos dirán que é a Lei da oferta e da demanda. E no fútbol xustifícase dicindo que temos a mellor liga do mundo. Na banca e nas Caixas de aforro podemos ter os directivos mellor pagados, pero as entidades –os resultados- non xustifican ese dispendio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES