LISTAS ÚNICAS
X.X. - viernes, 03 de diciembre de 2004
O xogo democrático deste país anda entre listas pechadas e listas
únicas, que nalgúns casos coinciden.
O das listas pechadas cobra carta de natureza cando de eleccións se
trata, xa que ós votantes só se nos presenta a oportunidade de aceptar ou
rexeitar a lista que presenta un partido sen a posibilidade de presentar
variantes nin modificacións.
Se a lista que un Partido presenta fose a título de suxerencia, ou
cun número indeterminado de nomes sobre os que poder pronunciarse, a
democracia sería máis forte e representativa xa que aceptariamos ou
rexeitariamos as persoas propostas segundo a súa valía, o coñecemento que
temos delas ou a simpatía/antipatía que nos desperten.
Pero se abrisen a man neste aspecto os Partidos terían moita menos
capacidade de control sobre os candidatos electos, que xa non é moita se
temos en conta as defeccións ou insubordinacións.
O das listas únicas, pois polo estilo. Cando en calquera organización
política hai que elixir cargos directivos, os que controlan o cotarro
aspiran a presentar unha lista única para evidenciar que o poder segue a
estar nas súas mans, que ninguén ousa levar a contraria, e que quen o faga
leva todas as de perder.
As listas, nas mans dos listos. Como hai poucos, as listas son
pechadas e únicas. Amén.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora