Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O quinto recruta

miércoles, 11 de enero de 2012
PINGAS DE ORBALLO

Son o quinto recruta, o quinto quinto do rexemento que camiña polas areas movedizas dunha guerra que está a piques de iniciarse; a daqueles que falan nunha lingua que ninguén quere contra aqueles que queren un idioma que non deixan falar.

Son o quinto recruta, o quinto quinto que defende a miña propia lingua a morte, pero sen balas, sen guerras. Escribo dende a trincheira da infancia, onde o inimigo estaba pechado no cárcere da escola.

Fóra dese cárcere, eramos coma soldadiños cheos de inocencia que falabamos a lingua nai. Eramos felices. Agora témoslle medo a esa guerra que está a piques de empezar.

Son o quinto recruta, o quinto quinto que adoita disparar tan só con bolígrafos que soltan balas de cor azul ou de cor negra.

Cafetaría Oren Express da Valenzá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania