Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cultura, esa María

lunes, 09 de enero de 2012
Para os estudiantes de hai anos, unha “María” era aquela asignatura que por non considerarse importante, se suspendía ou se aprobaba por puro trámite, e o seu papel era totalmente complementario. E foron “marías” segundo os tempos, a ximnasia ou formación física, o debuxo, ou a outra “Formación do Espíritu Nacional”, tamén chamada “Política” e agora vaia vostede a saber se Ética.

Na política e na Administración resulta haber tamén determinadas “marías” que bailan segundo o momento con quen lles toque, como se os respectivos Presidentes non soubesen que facer con esas materias.

Polo que a Cultura en Galicia se refire vivíu diversas temporadas ou etapas marianas e en tempos convivíu con Educación, logo independizouse e porfillou a Xuventude, Deportes, Comunicación Social, Turismo... a última vida independiente disfrutouna como “Cultura e Turismo”, e esa etapa ven de rematar de súpeto, quedando relegada como materia ao incluíla nunha superconsellería como a de Educación, volvendo pois a aqueles tempos do maridaxe entre a formación que se adquire de xeito reglado e aquela outra, complementaria e diversa, que se adquire por contaxio ou ósmose na sociedade na que un vive.

Parece lóxico que calquera reforma que se efectúe nos departamentos dunha Administración se basee en longos estudios e en experiencia, e non sexa froito dun vaivén mecido polos ventos dunha crise tola que a todos entólece.

Pode que despois de que Cultura recorrese todos os pasillos de San Caetano se chegase á conclusión que o mellor que podía pasarlle era volver aos comezos daquel matrimonio xa antigo con Educación, do que seguro se obtiveron froitos iniciais dignos de ser lembrados. Pero tamén pode que, fartas as altas esferas do goberno galego de non saber que facer con temas tan abstractos como as cavilacións culturais as incrustasen no primeiro sitio onde houbese disposición de acollelas, reservándose o presidente o control directo do Turismo, materia de primeira orde de interese para calquera goberno.

Non se pode vislumbrar o tempo en que Cultura vai permanecer en vida simbiótica con Educación, pero seguro que agora vai para largo xa que a política de restricción de gastos impedirá que volva ter vida propia a xeito de Consellería xa que sería moi difícil de explicar un natalicio en calquera casa política onde rexe un estricto control de natalidade.

María Cultura, polo de agora, queda coa perna suxeita e na casa. E vai tardar en volver saír ao exterior. Alomenos, sen carabina.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania