Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Analfabetismo

jueves, 02 de diciembre de 2004
É como esas enfermidades que desapareceron ou están a piques de desaparecer da faz da terra, porque a loita contra elas foi tan efectiva que deixaron de ser un problema.
O mesmo pensaba eu en relación co analfabetismo en Galicia.

Hai anos (poñemos que trinta ou corenta), falando con xente maior, era doado atopar homes e mulleres que confesaban non saber ler nin escribir. Era unha realidade producto da pobreza, do aillamento, da utilización necesaria para as labores do campo de tódolos brazos útiles, desde os primeiros anos da vida.

O mundo cambiou radicalmente nas últimas décadas, e con el o noso mundo, de xeito que o progreso material e social galego entendía eu que tería arrumbado o problema do analfabetismo como algo propio de séculos pasados, pero inconcebible nos tempos de hoxe.

Pois Xosé María Barja, Rector da Univerdiadade da Coruña, ven de dicir que Galicia ten 800.000 universitarios, e 400.000 analfabetos.

Ben está a cifra de galegos universitarios, que ven ser arredor dun vintecinco por cento da poboación, pero os 400.000 analfabetos, máis dun dez por cento dos galegos, paréceme unha cifra inconcebible e insoportable.

Por moitos matices que poidan asignárselle á cifra, moi lonxe estamos dunha situación normal neste caso.

Tense dito que, na actualidade, os excluídos socialmente son os que non acceden ás novas tecnoloxías, especialmente internet. Moito hai aínda que dicir ó respecto. Porque visto está que hai moitísimos máis excluídos sociais, cos que non contabamos, e que están ahí, como especie a extinguir, que parece só terán solución cando a natureza se vaia ocupando de ilos
retirando da circulación.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES