Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ISAAC DÍAZ PARDO, “Conservador, Inconformista e descrido”

domingo, 08 de enero de 2012
Este 5 de xaneiro, estes Reis, foron tristes para Galicia. Deixounos Isaac Díaz Pardo, o conservador, o inconformista e o descrido, do que aprendemos que a nosa cultura pode ser internacional.

O seu rostro era o da dignidade, o da loita infinda, o da resistencia sen límites, o do home que ama ata o fondo dos ósos, o berce da memoria que trae na lingua a palabra dos antergos. Díaz Pardo era esperanza, un feito que nos unía como galegos e facíanos sentir orgullosos de selo. Foi a ponte entre a cultura do interior e a do exilio, e coa chegada da democracia non fixo renuncia algunha aos seus principios.

O capitalismo radical expropiouno do que era seu, ética e moralmente; mais nunca conseguirá expropialo da dignidade da que este sistema é analfabeto. Hoxe somos orfos intelectuais de Díaz Pardo, no seu camiño temos que intentar seguir facendo a Galicia que soñou con Luís Seoane no Laboratorio de Formas.

Foise un mestre que conseguiu adaptarse a un sistema impregnándoo dos seus valores.

Ata sempre Isaac, descansa en Paz.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania