Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isaac

viernes, 06 de enero de 2012
Hai persoas tan identificadas co país e as súas xentes, que só con mencionar o seu nome propio quedan identificados diante de Galicia e diante da historia.

Hoxe, Galicia segue de loito por Isaac. Non faría falla mencionar os seus apelidos, pero facémolo como unha oración, como un canto á súa memoria: Isaac Díaz Pardo.

Pequeno de figura física, era xigantesco no seu amor a Galicia, no seu talento artístico, na súa convicción do que as ideas poden facer por un país.

Curtido polo sufrimento de ver desaparecer tráxicamente ao seu pai, tronzada a súa vocación de arquitecto por imposibilidade de acceder a estes estudios, Isaac deixou que no seu interior nacese e medrase un lume vital que da Arxentina a Galicia fixo brotar unha fonte inesgotable de cultura e de arte. E Sargadelos e O Castro foron dúas iniciativas históricas que resultaron moito máis ca empresas, ás que lles nacían fillos que se chamaban Laboratorio de Formas ou Edicións do Castro, que ás veces para funcionar precisaban que Isaac sacrificase as súas xeniais obras pictóricas para poder seguir resistindo o paso do tempo e a evolución que en Galicia xeneraban.

Isaac foi un xigante da arte e do pensamento de Galicia, que pasou directamente da vida á historia; que entrou na nosa historia pouco a pouco, durante a súa vida, a medida en que na consideración de todos nós ía medrando a conciencia do seu papel na sociedade galega.

Isaac deu nova vida ao inmorrente Marqués de Sargadelos, rescatándoo do esquecemento e continuando o seu soño. E así como Antonio Raimundo Ibáñez non disfrutou en vida do seu marquesado, así – marqués “súbito” – poderemos considerar ao noso Isaac, o novo Marqués de Sargadelos, Señor do Castro, Galego egrexio da arte e do pensamento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES