Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ás portas do Nadal: Unha semana solidaria

miércoles, 01 de diciembre de 2004
Sen lugar a dúbidas, estamos na semana do ano con máis chamadas e invitacións á solidariedade. Alomenos, na que máis días/xornadas se organizan, tanto a escala ONU (Nacións Unidas), outros organismos nacionais/internacionais coma os centos de ONGs espalladas polo mundo. Temos de agradecer que alguén nos sacuda. Quizás, sobre todo nos países cristiáns, poida ser debido á proximidade do Nadal, en consonancia co acercamento do Deus Amor á Humanidade.

Aínda resoan no noso corazón, os berros e manifestacións da sociedade, ferida pola aberrante "violencia doméstica" do xoves pasado ("Día Internacional contra a explotación da muller"), coa escalofriante cifra de 2.069 denuncias presentadas -só en Galicia- no 1º semestre deste ano 2004), cando xa se están a preparar as celebracións doutras xornadas/días de reflexión e de mentalización sobre as realidades de marxinación social que todos/as estamos a ollar e unha parte, moi significativa da Humanidade, está a vivir e a padecer. Case sempre, o que non se ve ou non se coñece, nin nos preocupa nin nos doe.

Só como despertador que nos faga bulir e espertar dos nosos soños, indiferencias e apatías, velaí as datas reseñadas: Antonte, luns (29) celebramos "O Día internaiconal de solidariedade co pobo palestino, organizada pola ONU". Tema de palpitante actualidade, un polvorin no Oriente Próximo. Problema de todos. Hoxe, (1º) "Día mundial da loita contra a síndrome de inmunodeficiencia adquirida, (o temible SIDA)", con tremendas cifras de mortandade no mundo (40 millóns de mortes; deles, 28 en Africa. O xoves (2) "Día internacional da ONU contra a escravitude", que segue a estar presente, de moitos xeitos, tamén entre nós. O venres (3) "Día internacional do discapacitado", tema e problema do que se fala demasiado, do que todos os organismos queren ser os seus redentores, mesmo hai boa lexislación...e nembargantes, imos cara atrás. Coa agravante de que se está a facer negocio a conta deles. O sábado (4), o "Día internacional do voluntario" e domingo (5) o "Día internacional (ONU) dos voluntarios para o dsenvolvemento", a outra cara esperanzadora que nos lembra o feito de que aínda é posible ese mundo mellor que esperamos, ante a barbarie da globalizacón só económica que leva a sociedade consumista do noso tempo. Menuda semana!. E, para a seguinte, antes do Nadal, o venres (10) "O Día da ONU dos Dereitos Humanos e Día internacional dos Pobos Indíxenas". Demasiados días!?. Certo. Demasiadas chamadas xuntas!?. Pode que pareza inflacción e produza cansazo, pero precisamos delas. Precisamos que alguén nos poña dediante a nosa ollada a crúa e núa realidade da moitedume de irmáns/ás que precisan de nosoutros. A ver se espertamos e nos decidimos a acoller (dar pousada) a tantos pobres e marxinados do noso tempo. Xesús segue a nacer entre nós. Recoñecerémolo?!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES