Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumprir 800 anos

jueves, 05 de enero de 2012
Cumprir oitocentos anos só é posible cando se trata dun acontecemento ou unha entidade singular con gran incidencia popular e a constancia documental desa antigüidade.

A Catedral de Santiago cumpriu 800 anos, e – como ocorre con este tipo de acontecementos – todos os galegos agardabamos que ese cumpreanos repercutise na cifra de visitantes a Compostela, no sector da hostelería da capital galega e, polo tanto, nos resultados macroeconómicos deste país.

Rematou 2011, e case pode dicirse que este cumpreanos pasou sen pena nin groria, que a economía non notou unha actividade especial, e que mesmo a hostelería santiaguesa recibiu bastante menos estancias do que se pensaba, pechando diversos establecementos aos que non lles compensaba funcionar para o número de visitantes recibidos.

Estamos mal acostumbrados os galegos co Xacobeo, e o 2010 foi un bo ano para o turismo, e aínda que podemos concluir que todos os anos o fenómeno xacobeo segue a funcionar, a crise nótase no sector e acontecementos coma o do cumpreanos da catedral santiaguesa non conseguen animar un sector que esmorece dentro da inactividade social imperante.

O turismo cultural funciona en España, pero polo de agora en menor cantidade que o extendido de sol e praia no que Galicia non pode competir coa forza que o fan as terras do sur e do suroeste español. Pero temos moitísimos elementos que “vender” e “exportar” a través do turismo, sen que o feito ata o de agora conseguise nada ostensible.

O Xacobeo é un fenómeno con vida propia, e non só os anos santos senón todos os anos temos nos Camiños a Compostela riadas de visitantes de excepcional interese para Galicia. Pero fóra deso, non podemos agardar que todo nos veña dado, senón que calquera acontecemento que se pretenda rendibilizar hai que traballalo, difundilo, e conseguir que chegue a todos os posibles interesados en todo o mundo.

Ou non se preparou con tempo, ou non se difundiu abondo, ou non se chegou a quen interesaba, pero o certo é que unha data histórica como os oitocentos anos da Catedral de Compostela pasaron sen pena nin gloria. E Galicia non está para perder ningunha oportunidade como esta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania