A disfrutar do votado
Cardalda, Theo - jueves, 05 de enero de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO: A DISFRUTAR DO VOTADO
Van triplicar o crecemento neste ano tras encadear a políticos e
banqueiros. Grazas a mobilización cidadán, será o país máis próspero de Occidente. Remataron cun goberno corrupto e parasito. Meteron na cadea aos responsables desta estafa financeira. Comezaron a redactar unha nova constitución feita polos cidadáns e para os cidadáns. A revolta comezou en
2009 pero foi silenciada en Europa polos medios de comunicación ao servizo deses estafadores e especuladores, non o lograron grazas a forza dese país.
O que comezou sendo unha crise, converteuse nunha oportunidade para reforzar a súa unión. Segundo as previsións da Comisión Europea este país pechou o 2011 cun crecemento de 2,1 % e a tendencia aumentará superando o triplo dos países da zona euro. Ollo, non facerse ilusións, estou a falar de Islandia.
Cando apértaselle o pescozo á cidadanía ata máis alá do límite, esta ten que reaccionar como poida. Aquí neste país de pandeireta ninguén reaccionou como en Islandia, a cidadanía votou a un partido que en toda a campaña electoral dicía que non ían a subir os impostos, senón a racionalizar os gastos. Mentiras e máis mentiras, agora saen conque todo vaise a reducir a atracar ás clases medias e baixas, con o IRPF, o IBI, pero ás rendas do capital ren de ren. As SICAV nin tocalas e o fraude fiscal nada se vai facer, sendo o país da CEE con maior fraude a Facenda.
Se esta loita contra o fraude e os paraísos fiscais a levaran ata as
últimas consecuencias, arranxaríase o déficit sen lugar a dúbidas.
Este goberno xa está deslexitimado desde o primeiro intre, xa que están aplicando ese programa oculto, polo tanto enganaron aos seus votantes crendo que non farían recortes de tanto que criticaron a ZP.
¡Ala!, a disfrutar do votado.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora