Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O señor embaixador

miércoles, 01 de diciembre de 2004
Miguel Cortizo, deputado no Parlamento de Galicia, ven de ser nomeado polo Goberno do Estado embaixador en misión especial en Sudamérica.

O nomeamento foi especialmente mal acollido por Mariano Rajoy, por estimar que o papel que se lle asignará a Cortizo é fundamentalmente electoral, tendo en conta que na América do Sur hai nada menos que trescentos mil galegos con dereito a voto, case como media provincia das máis pequenas das galegas, e cunha capacidade de incidencia nos resultados
das próximas autonómicas que ninguén pode minimizar.

Parece pouco político clamar contra este nomeamento, e moito máis axeitado á realidade o que fixo Manuel Fraga, Presidente da Xunta, que se apresurou a felicitar ó novo embaixador, como corresponde á elegancia política e persoal.

Non cabe duda que o traballo a desenvolver polo novo embaixador é especialmente político, con inmediata repercusión no eido electoral. Como moitas das accións da Xunta ou do Estado, coma moitas viaxes que se organizan para contactar con centros galegos ou asociacións de galegos naturais de determinada zona.

Todo o que se faga para vencellar ós galegos da diáspora con Galicia ten que ser ben recibido polos galegos. A fin de contas, os paisanos nosos son maioría entre os emigrantes hispanos nas terras do sur das américas e os máis representativos, de tal xeito que a todos os "de acá" lles chaman "gallegos".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES