Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Incrible Portugal

miércoles, 04 de enero de 2012
Que Portugal depende de España no aspecto turístico, comercial e de intercambios, está fóra de toda dúbida, e a natureza tense encargado de crear as condicións precisas para esa total dependencia.

Que os españoles temos por Portugal, tan preto e tan lonxe, unha especial querencia, tampouco precisa unha demostración específica, e os portugueses téñeno moi claro desde hai décadas.

E sen embargo o goberno portugués non parece telo claro establecendo as maiores trabas para este natural intercambio, das que sólo se salvan as localidades fronteirizas das que Valença do Miño é o mellor exemplo referido a Galicia.

Os galegos non temos aínda nada claro o sistema de pago nas autoestradas e autovías portuguesas, nin tampouco se nos ten explicado moito, como se o que se pretendese fose sorprendernos “in fraganti” nunha infracción non pretendida.

Nun tempo coma este de mudanzas, as estradas de España e Portugal, de Portugal e Galicia, deben estar perfectamente conectadas para facilitar os intercambios e conseguir dinamizar sectores que en Galicia parecen esmorecer sen que en Portugal amosen unha gran melloría.

A volta atrás dunha decisión impensada das peaxes portuguesas pode ser tarefa difícil para calquera goberno, pero os erros hai que corrixilos, e cando os problemas e desastres son maiores que os posibles beneficios alguén debe aportar un elemento de tranquilidade e normalidade diante dunha situación anormal e perigosa para a economía portuguesa e, por contaxio, da nosa.

Sendo Portugal o noso máis inmediato extranxeiro, é incrible que por parte lusa non se nos dean facilidades para eliminar calquera tipo de barreiras. E establecer barreiras novas é un suicidio que a nada conduce, e do que só cabe agardar problemas e desaxustes.

O que ocorre con Portugal é incrible, pero tamén é incrible a falla de reaccións firmes por parte galega e española. Como se o tema non preocupase a ninguén máis ca aos que pretendemos viaxar por Portugal como se fose a nosa casa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES