Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cal e area

martes, 03 de enero de 2012
Xa temos unha de cal. Agora falta outra de area.

O goberno nacional ven de tomar decisións que agardamos acertadas en canto a contención de gasto e aumento dos ingresos, co fin de nivelar un desfase presupostario que se coidaba ía estar arredor do seis por cento e está arredor do oito, moi lonxe do desexable catro por cento ao que se tende para conxeniar con Europa.

Cabe supoñer que esa é a aportación de cal ao conxunto da caixa común europea, e os productos desta acción constitúan como un cemento que nos manteña sólidamente pegados á Comunidade da que formamos parte, sendo un elemento de homologación cunha harmonía que por agora parece lonxe.

Así, o aumento doloroso na recaudación que a todos nos vai afectar, a conxelación dos soldos mínimos e dos haberes dos funcionarios, os aumentos de xornada e similares medidas de aforro e contención de gasto, esperemos que constitúa o remedio preciso para axustar as nosas contas ás contas comunitarias, sen que haxa diferencias separadoras.

Mais velaquí que, aceptadas as restriccións e sacrificios esixidos, que haberá que considerar necesarios e urxentes, urxe outro tipo de medidas para completar a acción. Esas medidas que todos agardamos para reactivar a economía, fomentar o consumo interior, dinamizar o fluxo de actividade, facilitar o crédito bancario para particulares e pemes, e alegrar o ambiente que nos devolva unha alegría de vivir e consumir que temos esquecida, e mellore o criterio que nos merece un 2012 que ven de comezar e antes de nacer veu preciso dos peores augurios.

A de cal témola xa asumida, algúns con maiores facilidades ca outros, partidos e sindicatos incluidos. Pero todos agardamos por “unha de area”, non para compensar senón para atender parcelas da nosa actividade e da nosa actualidade totalmente esquecidas, que precisan atención urxente. Hai que saír deste marasmo, e o novo goberno ten que saber como facelo. O cando, está moi claro: Ten que ser agora mesmo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES