Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xeada en Foz

martes, 03 de enero de 2012
Ata o día 28 do vindeiro mes de xaneiro permañece exposta no Cenima de Foz unha mostra dos últimos traballos de pintura e de escultura do coñecido artista alfocense Hipólito Xeada. Hai tempo que non contemplábamos a obra do galardoado veciño e diremos que a exposición, na que figuran 27 óleos e oito esculturas en madeira, solprendeunos moi gratamente, pois dende a nosa particular apreciación ouservamos unha moi positiva evolución experimentada polo artista co dominio dun corido amable, sen estridencias, así como a vida que gañan moitas das figuras, ás que imprime unha notoria expresividade e sensación de movemento que lles confiren unha nova e non frecuente dimensión plástica.

Hipólito Xeada é un avezado cultivador da arte dos pinceis e a espátula, con un longo e brillante percorrido, gañador de premios e certames da nosa terra e de alén a mesma, que leva uns anos inmerso noutra modalidade, a escultura, que proporcionalle interesantes recoñecementos e satisfaccións de diversa índole; toda unha dedicación ó mundo da arte plástica que proxecta aglutinar e perpetuar coa creación dun museo na casa patrocial de Alfoz, en cuxa iniciativa envorca esforzo e ilusións e que sen dúbida contribuirá de forma significativa á posta en valor, como atractivo turístico e cultural, nunha bisbarra, en plena Ruta Pardo de Cela, de tanto interese histórico.

A obra que Xeada expón en Foz nútrese de episodios da vida cotiá: escenas mariñeiras, familiares; os coloristas gaiteiros da nosa antropoloxía e cultura popular; recunchos dos tradicionais mercados, composiciós saídas do maxín e sempre o ineludible e xusto protagonismo da muller…

Oito son as esculturas en madeira que aparecen na mostra cuxos motivos asemellan ós da serie de pintura; outros reflicten actitudes anímicas, como o titulado “pensativo” e mesmo algúns “sin título” pero abondo suxerentes, que poden titular o ousevador.

Recomendamos a visita á interesante exposición que ofrece ademais uns precios moi axustados.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES