Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mª Elisa Arias Cora, melura nun fulgor

lunes, 02 de enero de 2012
M Elisa Arias Cora, melura nun fulgor María Elisa Arias Cora, faleceu en Lugo, o 14 de decembro do 2011. Os actos na súa honra tiveron lugar o día 16, venres, do dito mes. Todas as persoas que coñeceron o luctuoso feito, manifestaron o sentir ao seu marido, Rodolfo Graña Trigo; aos fillos, Rodolfo e Diego Graña Arias; ó seu irmá, Xoán Antón Arias Cora; sobriños, Xoán Xosé e Miguel Anxo Arias Seijas; á sobriña política, Pilar Bermúdez Cruz, a Rosa Cadahía, a súa benquerida prima, e ós demais familiares e amigos. Unímonos os seus sentimento pola inevitable perda.

Melura nun fulgor

O catorce, despois do mediodía,
Lugo quedou en choiva mollada, xeado e frío!
O tren das nove chegou pausado, decaíndo,
sobre os gazos verticais da Ponte iluminada,
prolongou, inusual, o instante na Estación,
para se ir, trémolo, cativado, a ferro lento.

Un raio inesperado.
Un trono, en décima incontable,
suspiro breve, ténue e sutíl.
Abrazoute a melura nun fulgor
e entraches na paz, concreta e diferente.

Debuxaras o último arabesco.
Crearas a última xoia nun momento.
A máis tenra e a máis bonita,
dun carmesí intenso, de branco nacarado.

Do centro de Lugo a Albeiros,
reclamaches serenidade, escrita sen palabras,
nas ás da pomba que voaba.

Das chás de San Cibrao, ás vinteúnha, do catorce,
oíuse o vir do aire nun marmurio:
María Elisa, dos silencios,
María Elisa, das uveiras doces
María Elisa, da vendima vendimada.
María, docta, muller e nai.
Elisa, amiga e amada.

Quen soubera devolverte!
Non podemos. Nin ti queres.
Estás no teu alén. Na flor da tua cama.
Nesoutra dimensión da paz,
na absoluta paz da calma.

Quenes te amaron e te aman, sábeno.
Sabémolo os que te quixemos e queremos.
Eles e nós sabemos.
Sabémolo todos.
No aló do alén, ti.
Aquí, nós, sen ti, co teu recordo.

Sentíndote!
Nas rúas que baixan, ramiformes,
dende a porta milenaria, angosta e peregrina.
Sentímoste!

Sentímoste no tempo das mañás.
No abrir das nubes,
que abriron a chover.
No madrugar do sol.
Nos raios quedos, suspendidos, nas friestras de metal.
No sentir inconcreto dos sentidos.
No simétrico recanto circular.
Nas cuadriculadas lousas;
nas pedras das beiras anchas e inclinadas.
Nas bandas brancas do pional de Carrefour.
Nas inscritas xunto o teu portal,
...no cebra, que está como agardando...

Cruzas; non te ollamos.
Estamos sumerxidos no mundo dos ruídos.
Cegos, de ver tanto. Mudos, de oir tanto.
Atinxidos de tanta vaidade.
De tanto latrocinio e ruindade.
De tanta indecencia desbocada
De tanto engano e desvergonza.
De tanta insufrible mezquindade.
De tanta, tanta, tanta (...!),
que estamos inmersos doutra tanta (...!),
Delegamos o hedor dos sufrimentos
e que a herba ruín arrinque a mala herba.
Cando cheguemos aí, desposeídos,
sucios de tanta e tanta (...),
seremos quen de durmir na paz deses asentos?
Merecemos a dúbida. Merecémola!
Somos dignos da incerteza.
Da razón que nos supera.
De ter sombras imprecisas.

Non digas ren, María Elisa.
Durme no verde da horta do teu predio.
No soño dese azul indefinible e icógnito.
No albar que conquistaches.
Na paz, total, dese silencio!
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES