Capón todo o ano
X.X. - martes, 30 de noviembre de 2004
Vilalba ten no Capón o elemento gastronómico máis representativo.
Cada Nadal, desde Vilalba -por pares, como quere a tradición- saen para todo o mundo os preciados capóns chairegos, que en tempo pagaban foros e favores e hoxe son como moeda de curso legal, prestixiando as mellores mesas de Galicia e de todo o mundo galego.
Pero o capón vilalbés é un ben escaso, cun problema de estacionalidade.
Por eso é unha excelente noticia que se poña en marcha unha granxa de investigación de capóns, acollida a un proxecto de I+D avalado pola Asociación vilalbesa de criadores de capón, en colaboración coa Facultade de Tecnología dos Alimentos de Lugo.
Esta granxa de investigación identificará o capón ideal para ser comercializado e consumido durante todo o ano: un capón de tres kilos, ós cinco meses, que sexa un complemento ó capón do Nadal.
Non vai ser exactamente o mesmo, senón algo intermedio entre o polo campeiro e o capón do Nadal.
Non vai ser exactamente o mesmo. Pero para os devotos do capón de Vilalba saber que a técnica se vai poñer ó servicio da gastronomía para difundir este manxar é unha moi boa noticia.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora