Feliz ano bo
Editorial - lunes, 02 de enero de 2012
Nunca coma este pasado ano circularon por Internet tantos bos desexos relativos ao presente 2012. E pode ser porque a Rede se utiliza cada vez más como medio de comunicación e vínculo entre millóns de persoas pero tamén de xeito moi especial porque poucos anos teñen preocupado tanto ás nosas xentes coma este que estamos estreando.
Non é alomenos non é de xeito especial- porque o próximo decembro remate o calendario maia e temamos que con el remate o tempo do que o mundo pode dispoñer. É porque todas as previsións vaticinan e temen que 2012 sexa aínda moito peor para a economía e para a vida cotiá do que o foi para todos este agobiante 2011.
Os desexos xa non se limitaron aos habituais Feliz aninovo, senón que xeralmente aclaraban o desexo dun Aninovo menos malo do que nos vaticinan, un 2012 que marque unha melloría no panorama actual ou para conformistas- un aninovo que non sexa pior ca este.
Nós desexamos a todos os internautas un Feliz ano bo, porque non temos que conformarnos con menos. Nin igual ca este, nin menos malo, nin pasable. Queremos un ano bo para todos, porque o merecemos, porque xa levamos tempo abondo de crise e angosturas, porque queremos un cambio para millor, e agardamos por el desde os primeiros momentos agora que todos estamos a tempo de influir para que así sexa.
Certo que máis poden influir os que gobernan ca nós, os gobernados, pero tamén bastante depende da nosa postura diante da vida e da situación que se vaia planteando. Agardamos o mellor, sabendo que cada ano ten o seu tempo e ese tempo ofrece de todo para todos, aínda que algúns esteamos afeitos a recibir a peor parte.
Queremos manter a ilusión destas festas, e a confianza nos que poden decidir. Polo tanto, para todos desexamos un Feliz ano bo 2012. Merecémolo. E podemos e debémolo ter.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora