Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Éxitos no mundo da RBO

viernes, 30 de diciembre de 2011
A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ten dado moitas veces a volta ao mundo, e posto no mapa non só Ourense senón un xeito de ser e de estar, a música da gaita, un colectivo diferente que desde esta fin do mundo irradia música de Galicia “urbi et orbe”.

Hai preto de 30 anos, quizais 1983, eu interviña na organización das festas patronais do San Froilán, e contactei con Foxo un lucense do Courel que facía patria en Barcelona, para que viñeran participar nun encontro de agrupacións musicais da provincia de Lugo.

E viñeron en dous buses un cento de membros de “Toxos e Xestas” con Foxo á fronte. Foxo, que aprendera música e xeitos con don José Castiñeira no Seminario de Lugo, e tiña na fronte unha estrela e no bico un torrente de notas en clave de gaita.

Foxo soñaba con volver ao país, e fixo coincidir os seus soños cos que soubo despertar nun personaxe singular que daquela e na actualidade era o señor da política ourensá. E naceu a Real Banda de Gaitas de Ourense. Puido nacer esta Banda noutros puntos da xeografía galega, pero en Ourense atopou o clima e o berce, e alí xurdíu.

Que Foxo é un home singular sábeno todos os que o coñecen, aínda que non coincidan exactamente coas súas teses e conviccións. E deu con outro home singular, José Luis Baltar, un mestre popular e populista que goberna con man firme e luba de terciopelo os asuntos ourensáns.

Eu teño que confesar que só unha vez falei con Baltar no seu despacho, non máis de dez minutos, e que me deixou conquistado polo seu don de xentes, polo idioma que fala, pola cercanía que provoca... Naceu para a política, e nela triunfa e sobrevive despois de tantos avatares.

Entre Foxo e máis el inventaron a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, co seu repertorio e os seus atavíos, coa súa marcialidade e imponente presentación. E tanto actúan diante da súa Santidade o Papa como na V Avenida de Nova Iorke ou na mesma capital do Xapón, e crean escola, e xorden agrupacións similares na montaña lucense, en todo Ourense, e mesmo no extremo da Terra Chá, na montañesa Muras, que seguen os sons e os aires que veñen da capital ourensá.

E daqueles primeiros soños e dos milleiros de realidades que se foron orixinando, xurdíu unha traxectoria firme que cristaliza nos primeiros vintecinco anos desta agrupación, patentes na producción que hoxe se presenta “Éxitos no mundo da RBO”, que se constitúe un auténtico acontecemento musical e social é tamén un punto e seguido nunha traxectoria que cabe calificar de incrible, e que figura como fito imprescindible na historia da música galega do último cuarto de século.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania