Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperando... A velas vir!

lunes, 29 de noviembre de 2004
Este é o dito retranqueiro dos nosos sabios da aldea que aplican ás persoas que non fan nada por iniciativa propia, desbotan os problemas (os alleos, sobre todo) e non moven un dedo para se implicar en labores solidarios ou comunitarios. Son os que prefiren non opinar, para non se comprometer. Pertencen ó grupo dos vagos, cómodos, egoístas...

Calquera de nós pode ter algo/moito que ver con ese grupo. Feito que bota por terra a nosa calidade de seres humanos e cristiáns. É hora de espertar! Cómpre darse présa se queremos que a sociedade non se estrague máis. Tempo de porse en camiño e andar. A iso invítanos a Palabra de Deus neste 1º domingo do Advento, palabra bíblica que avisa da chegada do Señor (o Nadal), o tempo da espera activa e de írmonos preparando para acoller gozosos a salvación. A chamada tén de levarnos á esperanza activa (amosada en obras) e a un serio, forte e firme compromiso cos irmáns.

A situación actual da sociedade (violencias, opresións, guerras, etc...), a do propio País (enredado en absurdas liortas) e a da Igrexa ( máis preocupada en ollarse a se mesma e non perder privilexios ca vivir a doutrina marxinada do Vaticano II e levar adiante a súa misión desde a humildade e a liberdade)... non está para deixar de lado as respectivas responsabilidades, a que se resolvan soas ou as amañen os demais (os outros). Un mundo mellor aínda é posible e está nas nosas mans acadalo. Alomenos, intentalo.

Temos que camiñar con xeitos evanxélicos. Non desde incomprensión, a prepotencia, o enfrontamento, a imposición ou a crispación, senón desde a comprensión, a humildade (verdade), o respecto, o diálogo (a relación de Deus coa persoa humana foi sempre dialogal) e a liberdade, traballando na tarefa común coa Humanidade para facer do mundo a casa de todos, a familia humana vivindo en irmandade/amor. É tempo para a xustiza e a paz, que só pode chegar polo camiño da unión de esforzos, da eliminación de atrancos e da busca da verdade. Estamos chamados a construír un mundo de paz coas mesmas oportunidades para todos/as, pois todos/as temos a mesma dignidade.

Das espadas (armas...) facer arados e das lanzas (misiles, bombas...) podadeiras para arrincar a fame do mundo pobre. Temos de cuestionármonos que é o que estamos a facer mal (ou deixamos de facer ben) coas nosas obras, silencios e apatías cómplices e ir desartellando as nosas rutinas, comodidades, egoísmos e incoherencias. Facer revisión cara dentro como nos invitou o arcebispo de Pamplona, hai uns días. Ante a situación do mundo, neste Nadal, habería que desbotar da nosa vida cristiá a insultante e custosa barbaridade de tanto caro/custoso consumismo (marisco, cavas, xoguetes...) e tentar de redescubrir a presencia do noso Señor entre nós, nas nosas propias vidas.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES