Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chema e Nós

jueves, 29 de diciembre de 2011
n dos riscos das homenaxes é, ao meu entender, que polo exceso de exaltación dos méritos da persoa homenaxeada, esa enchenta lle sente mal aos convidados, anque as viandas, tomadas con máis moderación, estivesen moi boas.

Limitareime, pois, a sumarme a esta festa da prexubilación deste bo amigo escribindo algo sobre Chema e Nós; Nós, somos, neste caso, a familia do IESCHA, coa que Chema compartiu en primeira liña quefacer nos anos que levamos andado no século XXI (vale, no terceiro milenio, se prefiren).

Somos os dous do concello de Vilalba e estudamos no Instituto de Enseñanza Media de Lugo na década dos sesenta, pero as nosas vidas non se cruzaron ata que xa eramos maiorciños. Eu, a verdade, non lles coñecín verdadeiramente a Chema ata a fundación do IESCHA.

Si, por suposto que o tiña visto en actos culturais (celebrados a maioría no Centro Cultural e Recreativo que hai uns meses comezou unha nova andaina) e que escoitara que un irmán do Felpeto de Alba que eu coñecía andaba de mestre naquelas illas das que eu sabía algo grazas á canción coa que a orquestra Nueva Lira abría as súas actuacións, pero a oportunidade dun coñecemento a fondo púxoa en bandexa a actividade de lanzamento do Instituto de Estudos Chairegos.

Cando miro polo retrovisor da vida para recrearme na visión de actividades nas que o pasei moi ben ao tempo que colaboraba en proxectos socialmente interesantes, o quefacer na Agrupación Cultural Lois Peña Novo e mais no IESCHA ocupan lugar privilexiado. Compartir ilusións e quefacer con 2
tan excelentes persoas ben pagou (e moi ben) a pena neses emprendementos no eido cultural.

Cando no outono de 2000 nos axuntamos ao redor dunha ducia de persoas en Vilalba para reflexionar conxuntamente sobre a posible constitución dunha asociación cultural, nin na perspectiva máis optimista pensaba eu que á volta dunha década máis de trescentas persoas ían ter afortalado un proxecto que, co imprescindible pano de fondo de potenciamento da cultura galega, tentaba pór en valor os moitos recursos culturais da Terra Chá.

Chema foi unha persoa fundamental nese proceso de consolidación do IESCHA. Colleu o touro polos cornos e aceptou ser o primeiro Presidente desta entidade, tomando o relevo tralos meses de goberno dunha Xunta Reitora. No seu mandato quedaron tracexadas as liñas fundamentais do funcionamento desta asociación cultural, e anque a súa modélica responsabilidade de atención a familiares necesitados do seu apoio focalizou o seu quefacer ao cabo dun tempo,e non lle permitiu compatibilizalo coa presidencia, seguiu no núcleo duro de goberno da asociación.

Permítanme lembrar aquí dúas importantes achegas de Chema (das moitas que podería citar) que todos vostedes coñecen: a importancia do seu labor nos fogóns, cociñando, con Arturo Gómez Mato, moitas publicacións do IESCHA, e mais o seu papel de protagonista indiscutible na recuperación do patrimonio fotográfico chairego. Merece unha reflexión colectiva a importancia da consolidación da exposición fotográfica bienal Tal como eramos, da que el foi motor de explosión cos centos de horas que lle dedicou e coa seriedade do seu traballo (nos prazos de devolución das fotos, etc.), que foi vital para gañar a fiúza da xente e garantir o crecemento continuo do material cedido ao IESCHA.

Só por permitirme coñecer a novos compañeiros e compañeiras no camiño cultural chairego e afondar lazos con outros cos que xa compartira ilusións e proxecto no tempo da Agrupación Lois Peña Novo, xa lle tiña que dar as grazas a Chema, polo seu paso á fronte da primeira xunta directiva para asentar os alicerces desta fermosa aventura colectiva. Pero é que no Nós, 3
sempre o fundamental na sociedade, a complicidade e amizade coas mulleres e homes do equipo xestor permitiume medrar como persoa con outras coas que, fose por diferenza xeracional ou por outros motivos, se cadra noutras circunstancias o coñecemento mutuo non tería pasado do saúdo. Unha ducia de anos sen unha regueifa, a ledicia das horas compartidas na planificación e execución do noso proxecto cultural, é algo co que un non se atopa a cotío noutros aspectos da vida, nos que ás veces hai que procurar esquivar os golpes de cóbados de medradores que queren coller sitio axiña e polos medios que sexa.

Tardei anos en coñecelo, pero cheguei a tempo para decatarme da súa bonhomía, capacidade de traballo e tenacidade. E tamén de que, quizais como consecuencia da súa estancia docente nas Canarias, sempre tiña feito o traballo unha hora antes que Nós. Refírome, claro, a Chema, un de Nós.
Roca Cendán, Manuel
Roca Cendán, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES