Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pullas

miércoles, 28 de diciembre de 2011
Hoxe é o Día de Santos Inocentes.

A tradición di que esta data conmemora o asasinato por orde do rei Herodes de todos os nenos de Belén menores de dous anos. Non entanto, pouco a pouco, fomos facendo dela un día de anarquía total. Un día para poñer o mundo ao revés, rachar as normas establecidas e sentirnos autenticamente libres.

É este un día para desconfiar, para pensar se vou ou non vou, para troulear e tomarlles o pelo aos máis próximos. Coido que esta tradición se vive máis intensamente nas aldeas (nas poucas que aínda permanecen poboadas), onde a confianza entre veciños e a continua interacción parece propiciar o caldo de cultivo perfecto para toda clase de trasnadas e pullas.

Cando un é vítima dunha pulla, de contado nace na persoa o desexo infindo de "facerlla pagar". Caer na pulla agudiza o enxeño e pon o pensamento a funcionar a prol do mellor xeito de aproveitar os puntos febles do noso falcatrueiro. Isto fai que sexa un día especialmente dinámico e que se caracterice por unha forte interacción persoal.

Lembro, sendo eu neno, que un ano estabamos de frebas na casa dun veciño. Xa entre café e licores, cando a fantasía corría nos contos dos avós; alguén petou á porta para avisar de que nos estaba parindo unha vaca. Os homes, dispuxéronse rapidamente a abandonar a mesa; pero de súpeto alguén dixo: "bueno home bueno! Hoxe son Santos inocentes!" Daquela todos volveron aos seus postos e continuaron coa festa.

O veciño tratou por todos os medios de convencelos de el non sabía que era 28, pero todo foi inútil e aquel home foise só a atender a vaca. O día seguinte tiñan un novo becerriño na corte.

Hoxe é un día de liberación, de ser nós en estado puro, de pequenas vinganzas e fondos risos. E de esquecer, por unhas horas, os formalismos abafantes aos que a vida nos somete. Un día no que, ben seguro, ninguén se lembrará dos meniños inocentes que Herodes mandou sacrificar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania