Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amigo Ramón Soto (Pimienta)

miércoles, 28 de diciembre de 2011
DESDE O PREGUNTORIO: AMIGO RAMÓN SOTO (PIMIENTA)

Levo dándolle voltas ao maxín para intentar escribir sobre o meu amigo Ramón Soto (Pimienta) que, de tantas cousas que quero dicir, non me saen as palabras pola emoción e pola tristura que aínda levo e levarei dentro de min.

Compañeiro de traballo, amigo en tódalas facetas da vida e camarada. O mar de Vilaxoán no que se criou e ao que lle entregou toda a súa vida levouno xa para sempre.

Pimienta era un home que daba o primeiro paso adiante en toda causa solidaria ou en defensa de Vilaxoán, na Asociación de
Veciños, no sindicato ou en Esquerda Unida, o seu partido e ideal que xamais trocou.

En todo elo Pimienta, Ramón Soto Mariño, o facía coa súa propia marca: a sinxeleza e a humildade. Máis tamén outra das características máis fondas do seu quefacer era a coherencia que amosaba na súa aportación sensata, pousada e obxectiva. No soamente tiña estas virtudes, senón que era un home moi enraizado á súa familia, moi responsable e agarimoso coa súa dona, fillos e netos.

Esa noite antes de zarpar, Ramón na súa lancha eu no remolcador, estivemos falando no peirao de todo un pouco. Aínda agora cando estou escribindo non me creo que aquela sería a súa derradeira singradura. Ese mar de Arousa, ese vento mareiro levoulle o último suspiro; sen un sopro de vida navegou connosco ata terra entre lamentos, choros e queixumes que se escoitaban nas pontes de mando dos remolcadores.

Seguirei lembrando con nostalxia todos estes pasados anos de amizade, anos que xuntos compartimos e imaxinarme que emprendeches unha nova singradura por ese mar do alén, esta vez sen retorno.

Ata sempre Ramón.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES