Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Salarios e pensións

jueves, 29 de diciembre de 2011
Para os que non teñen outras preocupacións máis graves, estés días ocupan o seu pensamento salarios e pensións. Para moitos, a preocupación esencial é a da consecución dun posto de traballo, por non telo tido nunca ou por telo perdido nestes últimos tempos.

Pendientes das decisións do goberno no Consello de Ministros do próximo venres, están ledos a priori os xubilados porque parece que as súas pensións non van sufrir merma nin hai problema polo seu mantemento nas condicións previstas. E de xeito especial os que se xubilan en próximos meses, porque saben que as diminucións que se produzan no futuro, que seguro se producirán, non van afectarlles. Contentos ou tranquilos, aínda que os galegos somos os que máis perxudicados resultamos ao xubilarnos, e que en xeral os xubilados perderán poder
adquisitivo aínda que perciban a paga extra que o goberno terá que pagarlles pola alza do Ipc.

Parece como se todo estivese en cuestión de cara ao futuro económico e nada tivese a firmeza precisa para manterse inamovido. Ou, no mellor dos casos, permanecerán inamovidos os salarios actuais se triunfa unha idea que xa foi estudada pola Confederación de Empresarios na que se contempla esta posibilidade no caso de que non se poida baixalos. E as grandes centrais sindicais estarían dispostas a estudiar detidamente o tema e, se acaso, apóyalo sempre que o goberno estivera decidido a implicarse nun maior control dos precios e as empresas reinvestisen os seus beneficios para conseguir unha maior eficiencia.

Moi axiña sairemos de dúbidas en canto ás medidas que van rexer a nosa vida nos próximos tempos, difíciles tempos do temido 2012. Temido a escala planetaria polas profecías apocalípticas dos Maias. Pero especialmente temido a escala doméstica polos malos augurios que o teñen precedido.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES