A idade da inocencia
Editorial - miércoles, 28 de diciembre de 2011
Raro é o medio informativo que hoxe dedica espazo a unha inocentada intelixente, cando en tempo os xornais rivalizaban por ofrecer a imaxe retocada máis impactante ou a nova máis sorprendente e chocante.
Nos tempos que agora recorremos, moitas veces calquera outro dia diferente ao de hoxe hai que poñerse a pensar se o que vemos, lemos ou escoitamos é unha inocentada ou simplemente se reflicten as extrañas novas que a actualidade proporciona. E chegamos á conclusión de que, coma sempre, a realidade supera amplamente a calquera ficción.
Pode ser que esa mesma capacidade xeradora de novas extrañas que a nosa sociedade ten faga retroceder a aquelas inocentes inocentadas de antano, recoñecendo os posibles autores que sería ben difícil superar as inocentadas que a diario nos facilita a actualidade. Ou pode que deixásemos xa a idade da inocencia, e que non estemos agora mesmo para inocentadas, que non comprenderíamos ou non resestiriamos.
Porque para recibir axeitadamente unha inocentada a primeira esixencia é que sexa intelixente, enxeñosa, que move ao sorriso ao comprender que se trata dunha broma. E as circunstancias que agora nos agobian ao mellor non deixan lugar para o sorriso intelixente senón que os tempos piden humor ácido, corrosivo e á vez balsámico contra males maiores.
En fin, que desexamos a volta da inocencia, a rebaixa do nivel de discusión e enfrontamento, e a volta dos tempos no que un sorriso valeu máis ca mil palabras. Un sorriso, eso que tan caro se cotiza na actualidade, e que nos vai costar traballo recobrar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora