Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abrir a Muralla

viernes, 26 de noviembre de 2004
A muralla romana de Lugo (arredor de 1.700 anos de antigüidade) ten dez portas abertas para que a vida entre na cidade. Pero durante moitos anos, séculos, a muralla pechou a cidade impedindo a súa saída física ó exterior.

A cidade conseguiu nos comezos do século XX expandirse fóra de murallas, e hoxe hai "moito máis Lugo" fóra que dentro. E o de dentro convertiuse no Lugo histórico e monumental que todos, por fin, parecen decididos a rescatar e -como agora se dí- "poñer en valor".

A muralla comezou a "abrirse" ó mundo cando a comezos dos anos setenta se puxo en marcha a "Operación muralla limpia", que a liberou de edificacións adosadas pola parte exterior. E o definitivo impulso recibiuno fai agora catro anos cando o primeiro monumento da capital lucense foi declarada "Patrimonio da Humanidade".

Desde entón, a Consellería de Cultura restaura e limpa de herbas a muralla, a de Ordenación do Territorio restaura a Tinería, o Concello potencia a Ronda interior, a Asociación de Amigos da Muralla premia ós que melloran o seu contorno... Parece como se polo menos nunha cousa estivesen de acordo tódolos lucenses: Hai que fermosear a muralla para que constitúa unha xeitosa representación da cidade, e poida ser enseñada ós visitantes sen que se nos suban as cores ás meixelas.

No cuarto aniversario da declaración da muralla como "Patrimonio da Humanidade", unha exposición fotográfica difundirá as mellores imaxes do monumento. Por fin, ábrese a muralla física e publicitariamente, verbal e graficamente. ¡Que ningún tipo de bolardo a peche de novo!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES