Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ministros galegos

martes, 27 de diciembre de 2011
Seguimos crendo que a orixe ou procedencia dun ministro pode condicionar favorablemente o seu comportamento oficial, e máis se se trata do titular dun ministerio investidor como é o de Fomento.
Non foi malo para Galicia que un galego – José Blanco- fose titular do Ministerio máis poderoso, e as súas actuacións fixéronse sentir na nosa xeografía, tan necesitada de atencións especiais. E os votantes, especialmente na súa provincia – Lugo- non lle foron moi favorables nas últimas eleccións, pero nada hai que dicir ao respecto, que a fin de contas pouco debera ter que ver a atención especial a unha zona da xeografía como para que os habitantes desa zona llo paguen de forma directa co seu óbolo electoral.
Pasou Blanco, que nos últimos tempos sufríu un particular calvario que aínda segue a recorrer, e a seguinte no cargo resulta tamén ser galega, Ana Pastor, sen que por eso poida colixirse por parte do novo goberno unha atención especial cara a nós, xa que hai que entender que o nomeamento da señora Pastor foi en base á súa fidelidade ao Presidente e ao seu acreditado papel de política intelixente e traballadora.
Entre aquela Magdalena Álvarez que falou do “Plan Galicia de m...”, e Blanco e Ana Pastor que saben onde está Galicia e as súas necesidades ten que haber unha distancia sideral, e a esa distancia nos acollemos para sinalar que podemos seguir sendo atendidos de xeito conveniente por parte do novo goberno, con interlocutores axeitados para as nosas autoridades, que non precisan explicar demasiado a nosa lonxanía e precariedade.
Por eso, polo coñecemento da realidade, é bo que Ana Pastor sexa Ministra de Fomento. Para non perder o fío da relación directa, e para pensar que estes próximos catro anos van constituir un tempo precioso para poñernos ao día en tantas cousas nas que agora levamos retraso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania