Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perda para a antropoloxía galega

lunes, 26 de diciembre de 2011
Acabamos de recibir a triste noticia do pasamento do amigo e antropológo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña a idade de 65 anos.

Fidalgo Santamariña foi un referente da cultura popular galega, a que tanto quería, e con tanto mimo, repecto e profesionalidade estudiaba e trataba.

Estudou na Universidade Pontificia de Salamanca e desenvolveu a súa carreira profesional no Campus de Ourense, na área da antropoloxía social.

A súa obra creativa, tanto de forma individual como colectiva, tamén xira no entorno ourensano, empezando por a tese de doutoramento: “antropolgía de una parroquia rural galega”, pasando por O afiador; os saberes tradicionais galegos; traballos comunais no mundo rural e cinco profesións ambulantes ourensás.
Coñecemonos por casualidade, hai máis de doce anos, en terras aragonesas nun congreso internacional de antropoloxía, dende aquela seguimos tendo contacto, este foi máis cotidiano, cando eu por motivos laborales vin destinado a Ourense durante tres anos.

Como era licenciado por a UNED, animabame a que que me fixera cargo dalgunha titoría, pero a dedicación a miña empresa impediame sacar tempo para esa nova actividade.

Conversar con Fidalgo Santamariña era un privelixio, era home de palabras precisas e de silencios oportunos; de ouvido activo e de mirada curiosa.

Fidalgo Santamariña, maestro e amigo, que por ser como fuches, sempre terás a miña admiración, gratitude e cariño.
Que descanse na paz de Deus.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES