Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ante unha música imaxinaria

lunes, 26 de diciembre de 2011
Tamborilo sobre un dente de arriba. O pé dereito segue o ritmo dunha música imaxinaria. Xa está o tremor nel. Non consigo estar quieto. Non podo estar quieto.

Bambea a folla dunha hortensia e a súa flor acocha detrás dela. Pinto a lavandeira de cor rosa, pero xusto ao chegar á altura do meu pé esquerdo, emprende o voo, a fuxida. Sígoa coa ollada.

Non podo facer nada máis. Hai nenos que pasan coas mochilas ás costas e pombas que andan por entre as mesas na procura de algo que lles guste. A que estou a ver, coxea.

Moitas pombas coxean. Quizais polos cables eléctricos nos que pousan ou polas rodas dun coche das que non conseguiron fuxir a tempo. Raño a cabeza e noto o pelo acabado de cortar. Estou máis fresquiño así.

Agora xa son as pernas as que tremen ante esa música imaxinaria. E dálle que dálle ao ritmo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES