Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na Rede

jueves, 25 de noviembre de 2004
Os que nos movemos na rede -por activa ou por pasiva- temos hoxe un día especial, que cada quen pode afrontar do xeito que o seu estado de ánimo llo permita.

Para un pesimista, é un mal día porque fai falla celebrar unha xornada contra a violencia de sexo, e porque se ven de descubrir unha inmensa rede de pedofilia na Rede. Pero para os optimistas, nos que me conto con entusiasmo, é bo que medre a conciencia en relación cos malos tratos do fisicamente máis forte, e é bo que a sociedade actúe enerxicamente contra uns enfermos sociais que utilizan a Rede para algo que vai moito máis aló do delicto: para descender de golpe tódolos chanzos da escaleira que vai desde a civilización ata a barbarie máis primitiva.

Ningún animal ousaría tentar ter contacto carnal cunha cría da súa especie. Pero hai humanos -mil son os presuntamente implicados nestes último caso de pornografía infantil- que sí son capaces de deleitarse con escenas nas que interveñen nenos e nenas de cortísima idade.

Os integrantes desta última "comunidade" descargaban de páxinas "especializadas" de internet as imaxes pedófilas, tendo que aportar algo da súa parte, para contribuir ó enriquecemento da base de datos, pasando rapidamente os contidos ó disco duro e a diversos soportes para eliminar pegadas do seu paso pola Rede.

Pero a técnica xunto coa investigación produce os seus froitos e polo menos un bo susto -hai previstas penas de cárcere para os posuidores de pornografía infantil- daranlles a esta multitude de desarraigados (algúns galegos hai, por certo), que tan mal levan o exercicio da súa presunta condición humana.

Este é un bo momento -xa digo que hai que ver a vida con optimismo- para a Rede, porque depura un importantísimo tumor maligno e marca o camiño a seguir na loita contra as aberracións que constitúen especialísimas excepcións entre o abano de bondades que a Rede ten para todos nós.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES