Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Necesario optimismo

lunes, 26 de diciembre de 2011
Reina un necesario aínda que mínimo optimismo en relación co panorama político e económico coa toma de posesión do novo goberno que o pasado vernes celebrou o primeiro Consello de Ministros.
Que se veña anunciando para o último venres do ano unha serie de decisións de tipo económico, anima a pensar que esto pode cambiar aínda que sexa pouco e aínda que sexa lentamente.
Temos a sensación de ter tocado fondo en canto a situación económica e anímica, e que desde aquí só se pode saír cara arriba. E non queremos crer iso que afirman de que 2012 será un ano ben difícil, peor aínda que o que estamos a rematar.
E como é difícil facer conxeniar os pronósticos agoreiros e a necesidade de confianza, a situación deriva cara á esperanza de que as novas medidas que o Goberno adopte teñan resultados favorables.
Por parte dos traballadores, agárdase creación de emprego, aínda que non vislumbremos o xeito en que vaia producirse. Os pequenos e medianos empresarios agardan que o Goberno cumpra a promesa efectuada de que non haxa que adiantar o ive facturado e só se aboe cando se cobren as correspondentes facturas. E todos, en fin, agardan – agardamos- pola dinamización da economía, animación da moral colectiva, fluidez do crédito bancario e revitalización do comercio. Moita esperanza para unha situación que para moitos é desesperada.
O próximo venres, primeiro escalón do que se agarda un camiño difícil pero no que queremos confiar esperanzados. Por pura necesidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES