Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre Mondoñedo

sábado, 24 de diciembre de 2011
O pasado día 17 do actual tivemos a gozosa oportunidade de asistir en Mondoñedo ó acto co que remataban as celebracións que ó longo do ano tiveron por marco distintas vilas e cidades de Galicia, co gallo de cumprirse os cen anos do nacemento do eximio escritor, o mais ilustre fillo da cidade episcopal: Alvaro Cunqueiro.
Os mindoniense, unha vez mais, deron a talla amosando ós centos de asistentes o que é o seu tradicional talante, o talento, o enxeño e as dotes para canto ten que ver coa cultura, expresada, sobre todo, a través da arte de Talía, de grande vistosidade, e a música vocal ou instrumental, facetas que foron prodígadas ó longo da noite.
Unha singular “Noite de Merlín”, que tivo como motivo central a representación .en cuxa montaxe participaron uns 200 veciños, de tódalas idades, baixo guión de Elías Noel Fdez. Ferreira e a colaboración da Escola de Música, dirixida por Xan Carballal; Paco Piñeiro e persoal técnico dos grupos dos que é creador e director e Isidoro Rodriguez, e Mita Aduano, avezados creadores e directores de espectáculos de música e danza, que na obra concebida para a ocasión, fixeron de relator e primeira bailarina. A imaxinación e a fantasía, que non podían faltar na homenaxe ó gran fabulador, mantiveron a cotío o expectante interese dun público entusiasta e moi numeroso que vivíu a experiencia inesquecible dunha noite lúdica nun entorno inigualable: as rúas mindonienses que gardan entre as vellas pedras, labradas por históricos artesáns; as ancestrais melodías dos seus músicos insignes e os versos dos poetas do seu nutrido parnaso, todo o feitizo e o engado da vella e romántica cidade. Non é doado, noutro lugar, disfrutar de tanta beleza.
Os colectivos locais “Xoldra”, ”Pasatempo”, “Pena do Unto”e o numeroso público marcharon, dende a praza da catedral, ata o auditorio, con breve alto na praza do concello para, dende o balcón do mesmo, o gobernador das Terras de Miranda, interpretado polo alcalde de Mondoñedo, dirixirse a tódalas xentes da súa xurisdición implorando a volta da maxia e da luz á cidade e á sua bisbarra, ceibando a cada intre, naquel ambiente ledo e festivo, o berro reivindicativo:
“¡ Queremos luz!”.
Pola mañán tivera lugar unha Táboa Redonda coa participación de Armando Requeixo, profesor ; Antonio Reigosa, escritor, presentados e moderados por Fran Bouso, mestre. Foi rendida alí homenaxe ó carismático “Merlín” que personifica Manolo Montero que coa súa presencia polas rúas contribue moi eficazmente a popularizar o mítico personaxe cunqueirano e con él o nome da cidade. .O profesor, escritor, poeta e director de teatro Francisco Piñeiro presentou unha brillante moción sobor do teatro na obra de Cunqueiro que leu a súa dona Paz, coa galanura e a sensibilidade da grande actriz que é, pois Paco non puido redondear coa súa presencia o importante traballo realizado na montaxe de tan exitoso evento: aquel día tivo que cumplir ca triste obriga de dar sepultura ó seu pai.Vaia novamente para o querido e admirado amigo a expresión do noso sentimento.
Cabe destacar o esforzo titánico de quen foron os inspiradores do esplendoroso evento : Luis Fdez. Ansedes e compañeiros da asociación Abrindo Camiño. E en todo caso a exemplar actitude dos mindonienses que deron unha lección de bó facer. ¡ sempre Mondoñedo!
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES