Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un xenro lacazán

jueves, 22 de diciembre de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: UN XENRO LACAZÁN

A medida que avanza o caso de Urdangarín, máis penso que atópanse unha morea de sorpresas non fondo do armario. Agora sábese que o Rei xa sabía de toda esta andaina fedenta do seu xenro desde hai uns anos. Se o sabía. ¿non debería habelo denunciado?.

Non chego a entender como alguén que está a soldo do Reino de España poida meter man no diñeiro de todos como un "jeta" ao estilo mafioso. Quedouse con diñeiro público e non pagou os impostos debidos, evasión fiscal e falsidade documental: son delitos tipificados no Código Penal, se só fora un problema de falta de ética non o mandarían a fora do país. Atópase nun barrio de luxo en Washington, cando debería estar en España para tratar de
demostrar a súa inocencia e se é culpable metelo na cadea sen fianza e devolver tódolos bens que mercou co diñeiro do pobo español.

Coido que a Casa Real estivo todo este tempo facendo piruetas para tratar de que este xenro lacazán non salpicara á Zarzuela. Así, cando aparece unha ovella negra na casa sempre trátase por parte de algún "abraza farois" dicindo aquilo de: non confundir a Institución coas persoas, como se fose posible diferenciar as dúas cousas; como se a Monarquía non fose unha institución baseada nas persoas. Por iso non chego a comprender que preténdase que a "bosta" non salpique a toda a Institución Real.

Todos este tipo de actuacións desvela ben as claras ata que punto de corrupción na que estamos desde hai anos neste país. Logo aparecen unhas declaracións do Rei dicindo que os cidadáns temos que apertarnos o cinto, cando moita xente xa non ten nin cinto.

Estamos encubrindo estes presuntos delitos con noso silencio. Todos estes "chourizos" saben que estamos alienados e narcotizados. Este sistema está esgotado.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES