Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Gordo da Lotería

jueves, 22 de diciembre de 2011
Se o tema da Lotería se fundase en precisións matemáticas, tería que corresponder un ano de estes a Ourense, Santiago ou Ferrol, que nunca tiveron un premio gordo que levarse ás arcas privadas dos xogadores.
Nesto da Lotería tampouco Galicia ten demasiada sorte, xa que se as tres cidades mencionadas nunca lles tocou o gordo ao longo da historia, unha vez correspondeu a Vigo e outra a Pontevedra, tres veces a Lugo e catro á Coruña.
Xeralmente o gordo cae mayoritariamente en Madrid ou Barcelona, ou tamén nas outras grandes cidades españolas como Sevilla, Valencia, Bilbao e Zaragoza. E nesto seguro que algunha razón matemática hai, porque sendo cidades de grande poder adquisitivo e de maior número de habitantes, a lóxica quere que sexa tamén onde máis se xoga, e polo tanto onde o gordo se deixe caer máis veces.
O Gordo da Lotería de Nadal é o persoeiro máis destacado do noso Olimpo da sorte, no que o mesmo Estado español está fondamente involucrado xa que deste mundo obtén o erario público unha sustanciosísima fonte de financiación. E durante medio ano alomenos mercamos décimos ou participacións, pedimos que nos envíen números dos lugares máis lonxanos e aproveitamos calquera viaxe propio ou de coñecidos para conseguir participacións doutras provincias coa seguridade de estar colocando picas en lugares lonxanos na conquista dos ansiados premios da lotería máis popular do ano.
Desde o verán, os soños estiveron postos na xornada de hoxe, na sorte da Lotería, na posibilidade de obter un sustancioso premio que nos permita cambiar radicalmente de xeito de vivir para mellorar de xeito definitivo.
Se ben o pensamos, o investimento en Lotería compensa pola ilusión que nos aporta durante tanto tempo. Ata hoxe. Para a inmensa maioría, frustración pasaxeira; para uns poucos, a solución de todos os seus problemas económicos. E mañá será o que se chama “Día da saúde” porque é o momento en que, desbotadas ilusións non satisfeitas, valoramos de xeito presuntamente moi ponderado aquello que posuímos e nos permite ser moderadamente felices cada día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES