Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aforro en funcionarios

miércoles, 21 de diciembre de 2011
Non é esta a primeira vez que o Presidente nacional dos Empresarios arremete contra os funcionarios e pide que o Goberno tome medidas efectivas, drásticas, para conseguir que a Administración funcione mellor, con menos traballadores e, polo tanto, cun custo menor.
Dito así, xenericamente, non cae ben a afirmación e conseguinte petición, porque non se pode meter no mesmo saco unha denominación tan ampla como a de “funcionario”, onde están englobados os profesores universitarios e os policías, o exército, os bombeiros, os mestres de escola, os barrendeiros, xardineiros e componentes das diversas brigadas de obras. E, naturalmente, os que dedicados a función administrativa, tramitan os nosos asuntos nas diversas administracións públicas.
E esto molesta grandemente aos funcionarios, que consideran que non merecen un trato global así, e entenden que as disfuncións, carencias ou abuso hai que tratalos individualmente e aplicarlles os correctivos que correspondan. E se as administraciòns queren adelgazar as partidas correspondentes aos funcionarios poden perfectamente facelo se analizan a situación real.
Vense de poñer de manifesto que a Xunta de Galicia está reducindo altos cargos na súa estructura cun aforro do vintecinco por cento. E mentras tanto, nas administracións locais e provinciais o persoal de confianza ten aumentado nestes últimos anos un setenta e seis por cento, tendo aumentado as partidas de altos cargos en arredor dun vintecinco por cento.
Non se trata pois de arremeter contra os funcionarios en xeral, nin de aplicar unha restricción absoluta e lineal nos custes dunha administración, senón que o que compre é analizar a situación, deixar de contratar a dedo asesores e diverso persoal de confianza, e utilizar – como sempre se fixo – aos funcionarios para levar adiante o cumprimento das funcións de gobernos en todo tipo de organismos, tamén os da administración local que, aínda que non o parezca, posúe funcionarios de corpos xerais, de formación acreditada, que exercen traballos de revisión e de control no nome da Administración xeral do Estado.
Aforrar en funcionarios, non; aforrar en persoal non funcionario, asesores, altos cargos e os seus gastos, naturalmente que si.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES