Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por oposición

martes, 20 de diciembre de 2011
Desde hai moitos anos, a oposición é o sistema de acceso ás prazas da Administración, garantindo unha presunta igualdade de oportunidades na entrada ao servizo das diversas escalas dos empregos oficiais.
Pode tamén darse o caso do concurso-oposición, no caso de probas restrinxidas nos que hai unha fase de exames da oposición, e logo se establece a orde de prelación en base aos méritos ou servizos que o aspirante presente.
Pero aínda que este é o sistema xeral, hai moitos outros sistemas de entrada como moi ben se sabe e se ten experimentado, non sendo o menor o de entrar a traballar con liberdade sen oposiciòn nunha empresa pública e logo a Administración, voluntariamente ou de xeito forzoso, acaba asimilando eses traballadores aos dos seus cadros de persoal.
E toda esta legalidade é plenamente compatible coa situación endogámica que existe en administracións locais e provinciais, onde en tempos os membros dunha familia demostraban unha especial querencia e valía para o traballo nunha mesma entidade.
De cando en cando resucitan as suspicacias nas oposicións, suscitadas por coincidencias extrañas ou situacións anómalas como a concelleira do PSOE no concello lucense de Catroverde que, sendo titular do departamento de Educación, Mocidade, Cultura e Deporte con dedicación exclusiva, concorreu ás oposicións municipais con outros oitenta aspirantes a unha praza de subalterno e acadou o número un coa puntuación máxima posible: Un 10.
Situacións coma esta seguen demostrando que o sistema de oposicións está plenamente vixente, que a concorrencia pública nunhas probas é o mellor sistema de demostrar idoneidade, aínda que ás veces apareza un resultado chocante que parece querer demostrar que os sistema non vale.
Legalmente, cabe supoñer que nada se pode dicir a este resultado da oposición convocada polo concello de Castroverde, e que os concelleiros en exercizo – tamén o Alcalde? – poden concorrer a unha oposición municipal que, visto está, se desenvolve diante dos ollos de todo o mundo.
Pode ser legal. Pero bonito, o que se di bonito, non queda. E pode a concelleira opositora ser a mellor traballadora do mundo, pero para sacar limpiamente unha praza así, primeiro hai que deixar de ser unha autoridade dentro da institución que convoca a praza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES