Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auria

martes, 20 de diciembre de 2011
Houbo un tempo no que fixo fortuna o slogan de “Cuando un monte se quema, algo tuyo se quema”, para evidenciar as funestas consecuencias que os lumes forestais tiñan sobre toda a nosa sociedade. E houbo un humorista, non sei se Chumy Chumez, que retrucou “Cuando un monte se quema, algo suyo se quema, Señor Conde”.
Bromas aparte, nesta actualidade escura na que procuramos sobrevivir, buscando paralelismos, habería que afirmar que “cando un medio (informativo) desaparece, algo noso desaparece”. Aínda que o medio non nos guste; aínda que non o coñezamos.
Eu folleo todos os días o xornal “La Región” de Ourense, pero non coñezo o seu complemento directo, a revista “Auria”, que todos os meses acompañaba ao xornal, e que agora desaparece polas naturais causas orixinadas pola xa asumida crise.
As dificultades están afogando diversos medios informativos. Na memoria dos últimos tempos quedan fixadas con lume as cabeceiras xa mortas de “Vieiros”, “Galicia Hoxe”, “Xornal”, www.xornal.com, “ A Peneira” e agora “Auria”, da que era alma mater o compañeiro nestas opinións Antonio Piñeiro.
Non hai moito tempo, os dous máis importantes xornais do Estado discutían acremente sobre cal era o que presentaba peores balances económicos, e mesmo en Galicia os medios escritos non dubidan en publicar noticias relativas aos competidores sobre reais ou presuntas dificultades para seguir adiante. E nos medios, na administración e vox pópuli enténdese que a totalidade dos medios escritos galegos terían que pechar se as diversas administracións deixasen de ser os máis importantes clientes de publicidade.
É malo que morra un medio, que deixa un baleiro na súa área de influencia, e carencias no corazón de todos os seus seguidores. E ninguén se beneficia da súa ausencia, que – do mesmo xeito que se amortizan prazas en lugar de proveer as vacantes existentes en empresas e institucións – as partidas que puidese recibir serán eliminadas dos correspondentes presupostos en aras dun aforro que, ata o de agora, parece ser o único remedio para seguir respirando.
Desexamos para Auria que a súa ausencia sexa breve, e volva á vida en canto as circunstancias o permitan. E a todos os demais medios, incluido este, o galego desexo de “por moitos anos!”, e a conseguinte resposta –para medios e público en xeral- de “que todos nós o vexamos!”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania