Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia non é negocio

X.X. - miércoles, 24 de noviembre de 2004
A Confederación española de organizacións empresariais (en siglas, C.E.O.E.), ven de presentar ó Goberno un gran plan de investimentos en infraestructuras con horizonte entre os anos 2005 e 2012, con financiación privada e axudas públicas.

É un conxunto de autopistas, autovías, aparcamentos, líneas de ferrocarril... que van supoñer un investimento de máis de vintetres mil millóns de pesetas, esencialmente de promoción privada pero con importantes compensacións públicas.

Todas as obras planteadas están "de Madrid para aló": este, sureste e nordeste da Península Ibérica. En Galicia, ningunha, por que non son rendibles os investimentos feitos neste noroeste xa que (segundo ten dito Fontela, presidente da Patronal galega) aquí os custos das infraestructuras son máis elevados, debido á orografía do País, e de máis difícil
rendibilización porque o consumo non está á altura doutras comunidades máis desenvolvidas.

Galicia non é negocio para os empresarios. Diante desto, é loxico o non investimento, porque as empresas non están chamadas a redimir a ninguén, teñen obxectivos privados e de rendibilidade, e todo o que sexa promoción corresponde ós poderes públicos.

Velaquí unha razón máis para que os gobernos -autonómico e estatal- se poñan de acordo para sacar adiante a economía de Galicia.

Enos o mesmo un Plan Galicia serio e decidido que calquera outra acción, ou as dúas cousas simultaneamente. Pero Galicia ten que ser negocio.

Non podemos vivir exclusivamente do Camiño de Santiago ou do turismo en xeral, dos parques eólicos ou dos subsidios da vellez. Mentras non sexamos negocio para a empresa privada é sinal de que non só estamos na esquina máis lonxana do poder estatal, senón que esa lonxanía se corresponde fielmente coa distancia económica e social coas comunidades máis adiantadas do Estado español.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES